Ferreiro, Iván
Vigo, 1949
A estas alturas todo o mundo debería saber quen demos é Iván Ferreiro. («ou algo fariamos mal nos últimos vinte anos», ironiza o propio autor)
Fotografía: ilustración Editorial Harper Collins
Biografía
Durante os noventa o músico galego liderou aos Piratas creando algúns dos álbums máis representativos de fin de século, e desde entón, xa en solitario, continúa xerando himnos para toda unha xeración. Afortunadamente.
Bibliografía: Editorial Happer Collins
Paradas bibliográficas

Meteoro y el señor conejo
Unha noite, fai varios anos, Iván suxeriulle á súa prima María a idea de escribir xuntos un libro sobre a xira musical Leiva vs. Ferreiro de 2013. Que pasou realmente durante esa mítica xira? Este é o fío condutor de Meteoro e o Señor Coello, unha autobiografía de ficción na que Iván Ferreiro sofre unha auténtica odisea mentres o esperpento foise apropiando dun circuíto que ofrecía unha versión no escenario, esa que viu o público que asistiu aos concertos, e outra disparatada no backstage. Ao longo desta novela acompañamos a un Iván tan ambicioso como torpe, inxenuo sobre todo, afundíndose ata o pescozo nunha opresiva atmosfera de trastornos psiquiátricos, física cuántica e universos paralelos ou, directamente, ciencia ficción. Unha historia circular con banda sonora composta por mulleres, salpicada de recordos e anécdotas divertidas, ademais de continuas referencias aos libros, películas e series de televisión que conforman o particular mundo de Ferreiro, pola que pululan multitude de personaxes inventados e reais, algúns en pleno desvarío, mostrando case sempre a cara Z dese mundo idealizado de sexo, drogas e rock ’n’ roll.
Editorial en castelán
Editorial Haper Collins