Ferragud, Santiago
Vigo, 1949
Estudou na Escola de Peritos de Vigo, traballou nas empresas auxiliares dos estaleiros e tamén de funcionario municipal.
Fotografía: arquivo do autor - medios sociais
Biografía
En 1965 fundou a banda de rock and roll Los Temples.
En 2011 fundou Xardín desordenado na que musicaron textos de diferentes autores galegos, como Carlos Casares e María Victoria Moreno.
Todo chega desde o mar (2022) é a súa primeira novela na que aparecen a folga do metal de Vigo, o GRAPO, e outros episodios da historia de Vigo.
Bibliografía: Wikipedia
Paradas bibliográficas

Todo chega desde o mar
En 1972, a pesar das severas restricións da ditadura, unha folga do metal conseguiu paralizar Vigo durante máis de dúas semanas. Tres anos máis tarde, algúns daqueles folguistas fundaron GRAPO e, desde Madrid, estenderon as súas accións por todo o Estado, aínda que mantiveron sempre unha morbosa nostalxia cara a Vigo.
En 1.931, a anterior xeración de vigueses fixo que a cidade fora a primeira do país en proclamarse republicana; seguiron os cinco anos entusiastas, radicais e convulsos da República, e logo as sinistras intrigas previas ao alzamento militar e a represión á que foron sometidos os republicanos na Illa de San Simón.
Esta novela conta o encontro entre dúas mulleres: Irene, contemporánea da folga do 72, profesora na universidade, a piques de xubilarse; e Xoana, unha nova licenciada, recentemente chegada a Vigo; diferentes por xeneración e por vivencias, moi ponto lles unirá a paixón pola historia da cidade.
Editorial en galego
Editorial Medulia