a conxura do sete
fernández, miguel anxo
Editorial Galaxia
Localizacións

VIGO
Acordei viaxar a Muros, mentres ela levaría a Vigo as pezas recuperadas para unha análise toxicolóxica de urxencia.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Faláranlle dun técnico do Arqueolóxico de paso no laboratorio instalado alí, e pediríalle unha avaliación de urxencia, amosándolle un cacho da peza que xa trouxera desde Vigo, liberado de calquera substancia tóxica. Por amarrar cabos.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Pola media mañá xa estabamos no Virxe da Cerca, o seu hotel cando arribaba a Compostela e non se achegaba ata o carballiñés barrio de Flores ou regresaba ao seu piso de Vigo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Ela atendeu unha chamada da oficina en Vigo, marcou outras dúas e, como coa segunda xa levaba o seu temo, fÍxenlle o xesto de que xa falariamos e marchei a pasear por Compostela.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

AEROPORTO DE PEINADOR
—Temos outro dato que non sabemos como interpretar. Para os mesmos días, os aeroportos de Compostela e Vigo teñen previsto un ritmo infrecuente de voos privados.
Xeolocalización
42.23131088372364, -8.62838577693686
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

VIGO
“Paso. Quedei farta”.
Iso me respondera Dalia sobre o convite de Contreras e o cerimonial na catedral. Achegárase ao Carballiño para unhas xestións da casa e reincorporárase despois ao choio en Vigo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
Miguel Anxo Fernández confirma a Frank Soutelo como o sabuxo sen par no panorama literario galego. O detective Frank Soutelo, acompañado do estricado funerario Sugar Jones, regresa a Galicia a petición da investigadora Dalia Maxino, que recibe o insólito encargo de atopar a mítica espada de Santiago, agachada durante séculos, e seica torada en sete anacos a comezos do século XIX, para impedir que a roubasen os napoleónicos. Seica a queren para os fastos do próximo Xacobeo. Aos poucos, o profesor da manda desaparece misteriosamente, e resultará que a valiosa espada interesa tamén a xentes sen escrúpulos e fins sinistros, mentres asoman os cadáveres. O sarxento da municipal, Franeiras, e o antigo garda civil Poncio, sumaranse ao desafío coa eficacia acostumada. Ao tempo que Frank pecha un segredo familiar oculto durante anos, enrédase nunha conxura argallada desde o poder das elites na sombra, mentres a Policía non semella moi conforme coas súas pescudas.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2022
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Senda azul
Río Lagares, Sárdoma
Liña 1
Aeroporto de Peinador
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.