a vida secreta de úrsula bas

portabales, arantza

 

Editorial galaxia

Localizacións

Vigo Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

En breve comezarían a chegar á comisaría chamadas de xente que a vería en Pontevedra, Vigo ou A Coruña. Eles dedicaríanse a rastrexar todas e cada unha desas informacións.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Panorámica de Vigo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

Tardaba case unha hora en chegar e, cando o facía, queixábase do frío que ía en Santiago, así que imaxinaba que era de Vigo ou de Pontevedra. No sur sempre había unha diferenza de entre tres e cinco graos respecto de Compostela.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Panorámica Vigo Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

— A nova aparece en varios xornais. Morreu nun accidente de tráfico na AP9, preto de Vigo. Na prensa destacan o feito de que era unha persoa moi coñecida na Coruña e moi apreciada pola comunidade académica.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Concertos Castrelos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CASTRELOS

Nin sequera a rabia que o abatía. Lembrou agora todos os seus bos momentos. Os veráns en Cádiz, os concertos en Castrelos, a súa primeira cita, a súa voda, o seu primeiro bico, a forma en que colocaba o cabelo detrás da súa orella esquerda.

Xeolocalización

42.21253366076541, -8.730225601922967

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Sinopse

Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Barroso, ascendida a subinspectora, volven formar equipo. Logo do suceso obtido con Beleza vermella, Arantza Portabales pon outra vez en liza a problemática e inestable parella de policías. Amor e eficacia, intelixencia e desconfianza, paixón e violencia. Cunha trama de ritmo e acción fulgurantes, A vida secreta de Úrsula Bas penetra, camada a camada, sen dó e cunha potencia narrativa engaioladora, na dobre vida dunha muller que se deixa arrastrar pola forza subxugante do descoñecido, pola atracción e misterio dun ser verdadeiramente perverso.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

b

Editorial

Edición galego

Editorial Galaxia

Edición en castelán

Ediciones Siruela

1ª edición

2021

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Parque de Castrelos

Auditorio

Liña 9

Auditorio de Castrelos

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar