o mar que nos leva
fuentes, moncha
Editorial Xerais
Localizacións

PRAZA DE ESPAÑA
[…] cruzando pola Praza de España, deixando os cabalos de Oliveira a gabear desesperados cara á frescura do azul, baixando a Gran Vía a un ritmo frenético, entolecida, envisa, sen ollar para os escaparates, os mobles de deseño, os prezos inasequibles, Roche Bobois, Edra, Sirvent […]
Xeolocalización
42.22932782071827, -8.719347730914228
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

PORTA DO ATLÁNTICO
[…] atravesando polo semáforo do Santa Irene, aquel sol desapiadado a chuchar a pedra da escultura de Silveiro no vórtice das Travesas, e os coches, o ruído incesante, as mulleres con carros da compra subindo por Castelao […]
Xeolocalización
42.220589623218224, -8.732527686734281
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

LEPANTO
[…] en canto enfilou a entrada da rúa Lepanto, comezou a pisar non acelerador e só ao saír do túnel de Chapela deuse conta de que ía empantanada detrás dun VEICULO LONGO […]
Xeolocalización
42.4306148141368, -8.639020115564415
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

ILLAS CÍES
[…] nin as Cíes esplendorosas, nin as Sisargas, nin Cortegada, in o Con do Chirleu, aquela illa de madeira renxente e couza devoradora […]
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

MONTE GALIÑEIRO
[…] pousado naquel estirpeiro mesto que ambos os dous atoparan nunha das múltiples paseatas pola Serra do Galiñeiro, o lugar que el tanto lle ensinara a amar, e , esta noite non, mentres a voz de Paula sedosa e firme se facía ouvir no carto […]
Xeolocalización
42.14139596921871, -8.707055372012572
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

TEÍS
Non se volveron atopar ata o curso seguinte ao coincidir, en novembro, nunha asemblea do sindicato no local dos Caños, en Teis.
Xeolocalización
42.25241651356234, -8.695844345184222
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

CASTELAO
[…] Paulo dicindo, achégote onde querias, pois ben, eu vivo por Travesas, no comezo de Castelao, non te molestes, va por Deus, será un pracer, en serio, el dicindo, teño o coche aquí preto, podemos tomar algo se che apetece e, xa os dous no camiño da Seara ceando no Danubio unhas navallas á prancha e carne guisada […]
Xeolocalización
42.216988354961956, -8.7553056694425
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

FACTORÍA ÁLVAREZ
[…] un campamento do Oeste cheo de colonos que viñero traballar a Álvarez, a Barreras, a Citroën, e que todas as fins de semana desertan para retornar ás súas tribos da Limia, de Sober, de Viana, e regresan os domingos pola noite nunha serpe cobregueante que fai tapón no Porriño […]
Xeolocalización
42.22652539346606, -8.6761366020783
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

CALVARIO
[…] poco antes de trousar patacas, verzas, nabizas, as mazás, unha cacheira, a androia, os sacos de castañas a se desparramar polo pórtal dos garaxes, a meter todo a empuxóns nos ascensores do Calvario, de Coia ou de Fragoso, unha cidade hostil e anárquica que carece dun centro determinado e que propicia a soidade dos seus habitantes […]
Xeolocalización
42.23099877864691, -8.703344498278248
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

POBOADORES
[…] a min aquilo da soidade non me parecía nada atroz e, pola contra, era unha auténtica ledicia descubrir o que quedaba do barrio mariñeiro de Poboadores, ou a caracola insólita de Canadelo, gozar do deambular anónimo polas ruelas máis antigas do Calvario ou polos incribles labirintos de Cabral e, sobre todo, polas tabernas da Guía ou da Madroa.
Xeolocalización
42.23701692900936, -8.728139873241973
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

PORTA DO SOL
[…] mentres os estudantes vos manifestabades en Compostela, Organización Obreira repartía en Vigo os panfletos chamando á Folga Xeral e á manifestación ás oito da tarde na Porta do Sol […]
Xeolocalización
42.23814724281723, -8.725446673241903
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

ZAMÁNS
[…] Por Vincios ou por Zamáns, ao Alto de San Colmado, os cento vinte pares de zapatóns de inverno calcando no toxo e no pedregullo do monte, a friaxe e un silencio transparente parecían ir en aumento, e as agullas dos piñeiros púñanse cada vez máis duras e máis irtas.
Xeolocalización
42.15887781352282, -8.687483691404164
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

MONTE ALBA
[…] mentres a palabra traidores reverberaba polos montes do Galiñeiro, estoupaba nos cumes do Alba e polas corredoiras do Aloia, mentres pairaba, coma unha néboa esfiañada, sobre as cabezas dos que permanecían no piñeiral, pendurada, para sempre, de frouma tesa das árbores.
Xeolocalización
42.173741951129166, -8.735829724535991
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

SANTA IRENE
E, por certo, Paulo continuaba a falar, tamén Valentín me ten contado, iso si, anos despois, que os primeiros panfletos coas siglas OO se fixeron nunha multicopista do instituto Santa Irene, nas Travesas, que lles emprestara o secretario, D. Rufo, e que instalaran o aparato na Travesía de Vigo […]
Xeolocalización
42.220290123893925, -8.731878459595057
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

COLEXIO DE ARQUITECOS
[…] púxose en contacto cun grupo que estaba mobilizando o Colexio de Arquitecto de Vigo, pintores, profesores, xentes heteroxéneas da cidade e de fóra para impedir semellante infamia e, entre todos, xa conseguiran declaracións de gran valor como a do arquitecto portugués Siza Vieira que se acababa de manifestar abertamente en contra do seu derrubamento e ese foi, ao parecer, o motivo polo que o Concello prescindira dos seus servizos […]
Xeolocalización
42.23750916079227, -8.72475967133391
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
Cun comezo fascinante e unha enorme capacidade evocadora, O mar que nos leva é unha novela que nos arrastra, da man dunha muller chamada Mariña, pola memoria persoal, política e social das loitas obreiras do Vigo de 1972, dos movementos estudantís do ano 68 en Compostela e da emigración a Bos Aires dos anos 30. Esta é unha novela narrada con enorme detallismo e minuciosidade na descrición de atmosferas, espazos e territorios físicos e emocionais, que fai gala dun rexistro lingüístico brillante. Nun momento crítico da súa vida, Mariña Brei percorre o seu pasado e o da súa familia, desde Mens a Pontevedra, dándolle forma a unha novela espléndida, ateigada de referencias literarias e políticas, de conflitos persoais, que envolve aos lectores e lectoras nun remuíño de sensacións e intensas vivencias.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2018
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Praza de América
Porta do Atlántico
Escultor Silveiro Rivas
Liña 9
Plaza de América
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.