a lavandeira de san simón

mejuto, eva

 

Editorial Xerais

Localizacións

Porto de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PORTO DE VIGO

Entre 1636 e 1943, calcúlase que preto de seis mil homes estiveron presos na illa de San Simón, situada na ensenada da Ría de Vigo e actualmente pertencente o concello de Redondela. O conxunto das illas San Simón e Santo Antón, que foran ata ese momento convento e lazareto do porto de Vigo, actuou como presidio e campo de concentración durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista.

Xeolocalización

42.23778269425084, -8.732230084659953

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Sinopse

«Nunca vira esta parte da illa, nin a torreta nin o enreixado, nin os gardas cos fusís que vixiaban, nin os centos de homes que agardaban detrás deles, coa fame e o medo nos ollos. Desde a nosa casa só se vían unhas poucas árbores e a ponte. Máis nada. As cousas non sempre son como parecen…»A illa de San Simón foi, durante a Guerra Civil, cadea e campo de concentración de máis de seis mil homes inocentes. Moitas foron as mulleres que axudaron, desinteresadamente, a facerlles máis soportable a condena levando comida e roupa limpa á illa. Esta é unha de tantas historias de mulleres e crianzas que padeceron a represión e a inxustiza, e que loitaron por cambiar o mundo que lles tocou vivir.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 10

Rande – Illas Cíes

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2021

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Enseada de San Simón

Ría de Vigo

Liña 10

Illa de San Simón – Ría de Vigo

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar