Domínguez, Santi

Vigo, 1964

 

Fotografía: Arquivo B.P.M. Xosé Niera Vilas

Biografía

Empezou a exercer como mestre en 1985 no colexio San José de Lugo, para volver á súa cidade no ano 1989 para impartir clases no seu centro actual, o colexio San José de la Guía, en Teis, onde dá clases de Educación Física en primaria e Galego e Castelán en Secundaria, ademais de ser titor en primeiro da ESO. Entre 1995-2015 dedicouse á política activa, chegando a ser concelleiro, tenente de alcadel da cidade de Vigo e director xeral de deportes da Xunta de Galicia.

Desde sempre foi un apaixonado da innovación en temas de educación e, sobre todo, un loitador constante por mellorar o medio educativo do seu alumnado.

Bibliografía: Editorial Galaxia

 

Paradas bibliográficas

Cando choraron as Cíes Santi Domínguez autor Mapa Literario de Vigo

Cando choraron as Cíes

O día en que choraron as Cíes, miles de persoas nos convertemos en panos de man para enxugar as súas bágoas. O día en que chorou o mar, miles de persoas fomos quen de berrar “Nunca máis”. Hoxe o noso mar e grande, segue queréndonos e segue coidando de nós. Velaquí un libro que trata de amor, dese amor que moitos e moitas lle demostraron ao mar cando estaba estragado pola negrura e a escuridade. Velaquí os testemuños de homes e mulleres que, coas súas mans e o seu alento, foron capaces de defender o que era noso. Oxalá nestas páxinas atopedes eses recordos de loita, de bravura e mesmo de sacrificio que os galegos e galegas experimentamos naqueles días.

Edición en galego

Editorial Galaxia