Braña, David

Barcelona, 1973

A súa paixón desde neno polos cómics levouno a comezar a escribir os seus primeiros guións sendo un adolescente e a publicar fanzines como Auténtico e Indispensable.

Fotografía: arquivo do autor - Alejandro Pérez Mesa

Biografía

Guionizou cómics curtos en distintas publicacións como Dark Hearts(Nowevolution), El Arca de las Historietas, Ensueños, Sinónimos de Lucro, Z-Time (Markosia), Revista Cthulu (Diábolo), Tomb Of Terror, Androide Paranoide, Refugiados, Viaje a Xambala (Grafito), WAK!, Espanto, ou a antoloxía solidaria PAZ. Tamén obras de maior extensión como as dúas entregas de DOS: Primeros síntomas y Buscando respuestas en Vigo y Evil War (Drakul); Mercury (Babylon); Los ocultos, Mil Lobos e Vivar (Nowevolution); Madeja, Lady Enigma e Córtex (Cósmica Editorial); Monte Arruit, Pax Anza e La Batalla de Rande (Cascaborra Ediciones); Lady Enigma (Aces Weekly na súa versión en inglés); Tamia et les mémoires du dragon (Akileos), Dugan (Sallybooks).

Realizou así mesmo labores de coordinación en revistas e antoloxías como El arca de las historietas, Dark Hearts e PAZ. Na actualidade atópase preparando novos proxectos para distintos mercados, que verán a luz proximamente.

Bibliografía: Editorial Galaxia

Paradas bibliográficas

Dos Buscando respuestas en Vigo David Brañas autor Mapa Literario de Vigo

Dos. Buscando respuestas en Vigo

Sonia é unha nova estudante que vive preocupada polas estrañas visións premonitorias que a asaltan en calquera momento do día. Cando Sonia descobre que esas visións son realidade, embárcase nunha serie de aventuras para pescudar o seu significado e a súa orixe. Estas pescudas fana viaxar a diferentes poboacións españolas. Na primeira entrega, Sonia coñece a un mozo chamado Alex que a axuda. Nesta segunda entrega, Sonia desprázase a unha clínica de Vigo para tentar curarse das súas visións, sen saber que de novo corre un grave perigo.

Editorial en castelán

Editorial Drakul

1ª edición

2015

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Liña Circular

A batalla de Rande David Brañas autor Mapa Literario de Vigo

A batalla de Rande

En 1702, durante a guerra de Sucesión española, aconteceu un dos fitos navais da nosa historia. Galeóns españois, acompañados por forzas aliadas francesas, arribaron á ría de Vigo co maior tesouro que xamais cruzara o Atlántico. Ata alí os seguiu a escuadra da coalición anglo-neerlandesa, coa idea de apoderarse do botín

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

2023

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Liña Circular