a parte fácil

ramos, ismael

 

Editorial Xerais

Localizacións

Rúa Urzáiz. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

URZÁIZ

A tía Ana é a irmá máis vella de súa nai. Sempre viviu soa nun apartamento grande en Urzáiz, gústalle facer excursións por España nos veráns e traballa na administración da Policía Nacional, expedindo o D.N.I e o pasaporte.

Xeolocalización

42.23255014470028, -8.711085015570024

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Parque de Castrelos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CASTRELOS

No seu primeiro ano de carreira vira a Valeria tres veces: dúas saíndo pola noite e outra polo aniversario, cun croissant e unha candea no Parque de Castrelos.

Xeolocalización

42.21253366076541, -8.730225601922967

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Ponte de Rande, ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PONTE DE RANDE

O coche cruza a ponte de Rande e parece que o tráfico flúe mellor.

Xeolocalización

42.28817463236884, -8.66052341556845

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Illas Cies Faro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

ILLAS CÍES

Ao fondo da ría, onde deberían estar as illas Cíes, hoxe só hai brétema. Brétema e luz.

Xeolocalización

42.229573512058145, -8.905965354250483

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Sinopse

As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen «A parte fácil» aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes… A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis.Os contos de «A parte fácil» conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2023

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Ponte de Rande

Ría de Vigo

Liña 10

Ponte de Rande

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar