Ramos, Ismael

Mazaricos, 1994

Fotografía: Editorial Xerais - web

Biografía

Autor dos poemarios «Lixeiro» (Xerais, 2021), Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández; «Lumes» (2017), Premio Javier Morote de Las Librerías Recomiendan e «Os fillos da fame» (Xerais, 2016), Premio Johán Carballeira de Poesía. Algúns dos seus libros foron traducidos ao catalán, castelán e portugués, e poemas seus viron a luz en revistas e antoloxías en linguas como o finés, o francés, o húngaro, o inglés ou o italiano. Como articulista recibiu o Premio de Xornalismo Manuel Lueiro Rey (2022) e colabora habitualmente en elDiario.es.»A parte fácil» é o seu primeiro libro de contos.

Bibliografía: Editorial Xerais

Paradas bibliográficas

A parte fácil Ismael Ramos autor Mapa Literario de Vigo

A parte fácil

As personaxes deste libro están medrando. Ou quizais non se decaten de que xa remataron de medrar. Da adolescencia á trintena, as voces que tecen «A parte fácil» aprenden a convivir con sentimentos de culpa que non lles pertencen, coa vergonza, con segredos familiares antigos e recentes… A dificultade para comunicarse co mundo déixaos illados na inquietante xordeira de quen afunde a cabeza relaxadamente nunha bañeira chea de auga e sopesa a idea de non erguerse nunca máis.Os contos de «A parte fácil» conforman o primeiro libro de narrativa de Ismael Ramos.

Edición en galego

Editoral Xerais