Portabales, Arantza

San Sebastián, 1973

Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionaria da Escala Superior de Finanzas da Xunta de Galicia.

Fotografía: Editorial Galaxia - web

Biografía

Iníciase como escritora no ano 2013, cultivando o xénero do microrrelato. En outubro de 2015 publicou o seu primeiro libro de microrrelatos: “A Celeste la compré en un rastrillo” (Zaera Silvar, 2015). Ese mesmo ano, a súa novela en lingua galega, “Sobrevivindo” (Galaxia 2015) resultou vencedora do XV Premio de Novela por Entregas da Voz de Galicia. En 2017 o seu relato “Circular C1: Cuatro Caminos- Embajadores” gañou a XVIII edición do Certame de Narración Breve da UNED/UNED.

A súa segunda novela “Deixe a súa mensaxe despois dá sinal,” (Galaxia, 2017) foi traducida ao castelán pola Editorial Lumen, ao italiano (Solferino, RCS group) ao hebreo (Keter books) e ao alemán (BTB-Penguin Random House) e levada ao teatro pola Compañía Tanttaka.

A súa terceira novela “Beleza vermella”, (Galaxia, 2019) publicouse conxuntamente coa tradución da mesma ao castelán, (Editorial Lumen) sendo publicada tamén en Italia baixo o título “Bellezza Rossa” por Solferino. En 2020 publicou un libro ilustrado de relatos “Historias de mentes” (Editorial Bululú)

Bibliografía: Editorial Galaxia

Parada bibliográfica

Deixe a súa mensaxe despois do sinal Arantza Portabales autora do Mapa Literario de Vigo

Deixe a súa mensaxe despois do sinal

As historias poden contarse de moitas formas. Mais poucas tan orixinais coma esta, deslumbrante, que nos propón Arantza Portabales neste segundo libro logo do éxito sen discusión da súa anterior novela, Sobrevivindo. Un mollo de voces que deixan mensaxes nun contestador. Historias de moitas almas que imos construíndo a medida que escoitamos o que se deixa nun aparello, frío, que, con todo, está cheo de vida, das vidas, as que a autora fai brillar cun lume de palabras que non vai deixarnos indiferentes.

.

Edición en galego

Editorial Galaxia

Edición en castelán

Editorial Lumen

A vida secreta de Úrsula Bas Arantza Portabales autora Mapa Literario de Vigo

A vida secreta de Úrsula Bas

Dun día para outro, e sen que se saiba o motivo, desaparece unha escritora de sona. O seu home pon unha denuncia na comisaría de Compostela á que, logo dunha baixa prolongada, se acaba de reincorporar Santi Abad. Tras a resolución do “caso Alén”, o asasinato que pouco máis dun ano antes fixera abalar os alicerces do mundo da arte e da sociedade galega, o inspector Abad e Ana Barroso, ascendida a subinspectora, volven formar equipo. Logo do suceso obtido con Beleza vermella, Arantza Portabales pon outra vez en liza a problemática e inestable parella de policías. Amor e eficacia, intelixencia e desconfianza, paixón e violencia. Cunha trama de ritmo e acción fulgurantes, A vida secreta de Úrsula Bas penetra, camada a camada, sen dó e cunha potencia narrativa engaioladora, na dobre vida dunha muller que se deixa arrastrar pola forza subxugante do descoñecido, pola atracción e misterio dun ser verdadeiramente perverso.

.

Edición en galego

Editorial Galaxia

Edición en castelán

Editorial Lumen

O home que matou a Antía Morgade Arantza Portabales autora Mapa Literario de Vigo

O home que matou a Antía Morgade

Seis amigos reencóntranse despois de vinte anos nunha cea o 24 de xullo de 2021, en Santiago de Compostela. Baixo o estrondo dos brindes e dos fogos artificiais, un disparo remata coa vida dun deles.

O inspector Santiago Abad e a subinspectora Ana Barroso terán que enfrontarse a este crime nunha nova e apaixonante investigación, e to-do apunta a que é, no pasado común deses comensais, onde se atopa a chave da súa resolución. Un tempo adolescente en que eses seis amigos compartían un piso de menores tutelado e onde aconteceu unha traxedia que marcou a todos para sempre: a morte da súa compañeira Antía Morgade.

Nunha carreira contra o reloxo, Abad e Barroso deberán dar o mellor deles para evitar un novo asasinato entre un mar de mentiras, segredos e desconfianzas.

.

Edición en galego

Editorial Galaxia

Edición en castelán

Editorial Lumen

Asasinato na casa Rosa, Arantza Portabales autora do Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Asasinato na casa rosa

A inspectora Iria Santaclara, de baixa para atender o seu home convalecente, recibe a sorprendente chamada do millonario Ulises Villamor. O empresario cre que a súa muller foi asasinada hai catro anos e quere que a inspectora investigue os feitos, trasladándose á súa mansión en Loeiro, a Casa Rosa, onde vive coa súa familia, porque sospeita que o responsable é alguén do clan familiar.

Ao pouco de iniciar as pescudas, a inspectora bate cunha nova morte e, ante esta inesperada circunstancia e o complexo da investigación, procura a axuda do seu antigo xefe, o comisario xubilado César Araújo. E así os dous tentarán desvelar a rede de misterios, mentiras e intrigas que envolven a familia Villamor.

Edición en galego

Editorial Galaxia

Edición en castelán

Editorial Lumen