Gómez-Jurado, Juan
Madrid, 1977
É xornalista e autor de varias novelas de gran éxito, traducidas a corenta linguas
Fotografía: Arquivo do autor - Web Biografía
As obras sobre o universo de Antonia Scott (El paciente, Cicatriz, Reina Roja, Loba Negra y Rey Blanco, todas elas publicadas en Edicións B) convertéronse no maior fenómeno de vendas do thriller español e consagraron ao seu autor como un dos máximos expoñentes do xénero a nivel internacional.
Amazon Prime está a adaptar a serie Reina Roja, nun dos proxectos audiovisuais máis esperados a nivel internacional. Actualmente colabora con varios medios e é cocreador dos podcast Todopoderosos e Aquí hay dragones.
Bibliografía: web do autor
Paradas bibliográficas

Todo arde
Esta é a historia de tres mulleres que o perderon todo. Incluso o medo. Por iso son tan perigosas. Esta é a historia dunha vinganza imposible, sen ningunha posibilidade de éxito. Esta é a historia de tres mulleres que se atreven a facer o que os demais só nos atrevemos a imaxinar. Algo moi poderoso está a piques de ocorrer. E nada volverá ser igual.
Edición en castelán
Ediciones B