lembranzas do meu vivir I: ONDAS DO MAR DE VIGO

otero pedrayo, ramón

 

Editorial galaxia

Localizacións

Panorámica de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VIGO

Polos camiños chuposos, salfridos de pedras, curtados de zorreiras o Cabada levoume nos brazos hastra Ourense unhas duas legoas e meia longas de camiño. Chegamos á Central. O tren pra Vigo pasaba as dúas da mañán. Lembro o cheiro de coiro e de cadra dos «rippers» que facían o servicio da Estación. Foron a dicirnos adeus algús amigos do meu pai, deles Dn Antonio Risco. E foi meu abó. De gabán na noite do mes de Sant Iago. Dixeron despois as verbas de Dn Ramón: -«Coido que non verei máis a iste netiño».

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Alameda - praza de Compostela Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

ALAMEDA

Ós tres días brincaba pola Alameda de Vigo, bulía na casa de Baños de Soto, non me fartaba de peras urracas pra min, de neno, un dos engados de Vigo, de peixe fresco, de novidás e contos. Foi un anovar, un inxirir en min, no tristeiro follato, nova vida. Débollo as «ondas do mar de Vigo».

Xeolocalización

42.23945409000837, -8.722392293248634

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MAR DE VIGO

Dende aquil ano fumos a Vigo, pasar o agosto, cinco ou seis, nono sei, deica miña entrada no Instituto. Entón, non sei porqué, no houbo tempada de mar en Vigo. As lembranzas de aquís anos misturánse como néboas xurdidas de difrente[s] vales e niveles. E tamén con algunhas cousas escoitadas ós meus pais e xente vella.

Xeolocalización

42.24592538592534, -8.717746755721576

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Vigo panorámica Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

VIGO

Eran meus pais xa dinantes de casaren coñecidos en Vigo. Sempre acodían con gosto. Miña nai cunha miga de tono, pois adimirando a fermosura do mar e o gosto polos xardís non esquencía ser Ourense cidade máis fidalga onde os tendeiros pintaban pouco ademais de ser maior, ter bispado e millores bailes.

Xeolocalización

42.24324202131156, -8.719074965769648

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo

Praza da Princesa Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA DA PRINCESA

Ourense, de aquila, animaba Vigo. Os ourensáns con moitos vigueses formaban tertulia no salón da Casa de Baños, no café, un café grande e fermoso, da praciña da Princesa, na tertulia, na redaución do «Faro». Meu pai era moi amigo de D. Eladio Lema, home amorenado, moi fino, falando baixiño. Algunha vez xantamos na súa casa en outo andar con estesas vistas. Lembro un vello de mal xénio. Debía ser o sogro de Dn Eladio.

Xeolocalización

42.23847462353992, -8.725638686959586

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

prueba foto

TEIS

En Vigo xa non estaba Dn Benigno Sarmiento pro ficaban a viuda e as fillas, e non fallaba o médico santanderino Barajas gran falador, un pouco escritor, casado en Ourense, tiña un chalet moi fermoso en Teis o Sr. Amoeiro. Aló íbamos en coche de cabalos. Case soio había a casa moi cuca de galería de cristás de coores. Gostaba de ollar a ría azul, verde, roxa. O señor Diéguez contaba mil historias dos ricos de Vigo e do curato de Teis do que era presenteiro.

Xeolocalización

42.25241651356234, -8.695844345184222

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Praza de Compostela. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ALAMEDA

Vigo daquila xurdía encostado, cheo de surpresas, como derrubado, pro con fermosos recantos pro neno. Engaiolabame a Alameda e súa fermosa disposición de salón. Facíanse grandes, etiqueteiros e fermosos paseos ás noitiñas con iluminaciós «a portuguesa» entre as follas, moito xogo de abanicos, presentaciós de mociñas novas, recoñecimento de vellos amigos.

 

Xeolocalización

42.23945409000837, -8.722392293248634

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Hotel Universal.- Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

HOTEL CONTINENTAL

Asombraba o conxunto dos hoteles Continental e [espazo en branco] co peirao de pedra e o de madeira. Diante do Continental aínda compuña seus diedros a batería da Pedra cos seus cañós pesados e cansos. Máis adiante, por frente do mercado, como palafito e entrándose nela por unha ponte erguíase ben sufincada sobre a auga, ben limpa, pintada e con bandeira a casa de Baños, de duas prantas, con salós de sociedade, con piano, e na segunda mesa con xornaes e xemelos e anteollos «de larga vista». Era gosto dos cabaleiros ouservare os barcos.

Xeolocalización

42.24025509447961, -8.724651944249858

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Sinopse

Escritas cando xa levaba uns anos de profesor xubilado, as memorias de Ramón Otero Pedrayo comezan coa descrición de dúas familias e dúas casas. A paterna, en Trasalba, e a materna, na rúa da Paz, no centro da cidade de Ourense. En Trasalba, o neno goza cos xogos no campo, coas conversas dos veciños e cos contos da avoa paterna. Coñece a historia da casa e da familia. A entrada no instituto fai que o memorialista descubra a amizade. Son os anos de formación, de profesores que espertan entusiamos e de compañeiros fraternais. Neses seis anos xorden no escritor tres grandes arelas: o gusto pola xeografía, a inquedanza política e a vocación de mestre.

 

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 02

Casco Vello

Liña 04

Travesía – Teis

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Liña Especial

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Galaxia

1ª edición

1988

Praza da Princesa

Fonte do Anxelote, conmemora a Reconquista de Vigo

Liña 8: Príncipe - Beiramar

Dársena A Laxe

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar