Otero Pedrayo, Ramón

Ourense, 1888-1976

Unha das máis sobranceiras figuras da Historia da cultura galega.

Fotografía: Fundación Otero Pedrayo - web 

Biografía

Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografia na Universidade de Santiago.

Otero Pedrayo foi un escritor que cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e, por suposto, o ensaio. Da súa obra literaria cómpre salientar as novelas Os camiños da vida (1928), Arredor de si (1930) e O señorito da Reboraina (1960), os ensaios sobre a paisaxe e a cultura de Galicia, o poemario Bocarribeira (1958) e a súa achega ao eido teatral.

Bibliografía: Editorial Galaxia

Paradas bibliográficas

Guía de Galicia Ramón Otero Pedrayo autor mapa literario de Vigo

Guía de Galicia

En Lembranzas do meu vivir I Ramón Otero Pedrayo autor mapa literario de Vigo

Lembranzas do meu vivir I

Escritas cando xa levaba uns anos de profesor xubilado, as memorias de Ramón Otero Pedrayo comezan coa descrición de dúas familias e dúas casas. A paterna, en Trasalba, e a materna, na rúa da Paz, no centro da cidade de Ourense. En Trasalba, o neno goza cos xogos no campo, coas conversas dos veciños e cos contos da avoa paterna. Coñece a historia da casa e da familia. A entrada no instituto fai que o memorialista descubra a amizade. Son os anos de formación, de profesores que espertan entusiamos e de compañeiros fraternais. Neses seis anos xorden no escritor tres grandes arelas: o gusto pola xeografía, a inquedanza política e a vocación de mestre.
Edición en galego

Editorial Galaxia