cabalgada na brétema
Cabana, darío xoán
Editorial Galaxia
Localizacións

VIGO
Biografía
O Ditador morreu. Catorce mil días de odialo,
con todas as noites de horror e todas as horas
de amargura,
non lle permitiron celebralo como era debido a aquel ancián labrador que empezara a cobrar o subsidio
había poucas meses. A morte do Asasino
chegaba xa moi tarde.
É xeralmente sabido,
anda que tende a esquecerse,
que dous meses antes de ocupar a súa nova
residencia
no val dos Caídos,
o Asasino ansiara cinco sentencias de morte
contra cinco rapaces antifascistas,
dous deles de Vigo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Sinopse
Cabalgada na brétema é un libro que contén mortos e melancolía, historia e terra, e cólera. Un rei líbrase das cadeas con que o enterraron hai mil anos, e revoa a patria. Un labrador antifarnquista vai ficando enviso na lembranza dos frios de Teruel. Un poeta de mediana idade olla a nación, a clase, a casa, a estirpe, a morte. Alento comunal e memoria persoal nun poemario admirable.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2006
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
O Castro, Lugar da memoria
Monumento conmemorativo, autor: Marcos Escudero, Promotor: Asociación por la Recuperación de la Memoria Histórica.
Liña Circular
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.