Giráldez, Diego
O Porriño, 1976
Exerceu o xornalismo en distintos medios escritos e dixitais. Ademais de coordinar varias cabeceiras, colaborou como columnista de opinión nos xornais A Nosa Terra e Xornal de Galicia e, a través de reportaxes culturais, con El País.
Fotografía: Arquivo do autor - medios sociaisBiografía
Na actualidade, faino co diario dixital Praza Pública e a revista Luzes. Fundou e dirixiu as revistas Malladoura e CanZine e escribiu libros relacionados coa arquitectura e a historia económica de Galicia. En 2016 publicou o libro de relatos curtos Galería de saldos, o seu primeiro traballo de narrativa, polo que foi elixido “Autor galego do ano” pola revista Fervenzas Literarias. En 2019 publicou en Editorial Galaxia a novela Hotel para coleccionistas discretos e participou nas obras colectivas O libro dos trens e A secreta melancolía da garza (Galaxia, 2019).
Entre os galardóns que recibiu destacan o Premio Literario José Saramago de relato curto (2010), o primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo (2015) e o Premio Literario Manuel Murguía (2016). En 2020 quedou finalista do XVII Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego.
Bibliografía: Editorial Galaxia
Paradas bibliográficas

O meu sangue
Para David Ledesma, que soña con ser un escritor de éxito de novela negra, un disparo ridículo nunha perna é o colofón da súa vida con Belén e o comezo dunha relación tráxica con María. A partir de aquí, o protagonista mergúllase nunha trama onde a violencia, a maldade e o amor entretecen un relato de vinganza.
Edición en galego
Editorial Galaxia