Pardo Bazán, Emilia
A Coruña, 1851 – Madrid, 1921
A Coruña, cidade que sempre aparece nas súas novelas baixo o nome de « Marineda»
Fotografía: albúm persoal Emilia Pardo Bazán
Retrato de Emilia Pardo Bazán, c. 1890-1910
Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Biografía
Considerada a mellor novelista española do século XIX e unha das escritoras máis destacadas da nosa historia literaria. Ademais de novelas e contos, escribiu libros de viaxe, obras dramáticas, composicións poéticas e numerosísimas colaboracións xornalísticas, a través das cales a súa presenza foi constante na España do seu tempo. Coa súa obra e coa súa vida puxo de manifesto a capacidade da muller para ocupar na sociedade os mesmos postos que o home, sen renunciar ao especificamente feminino.
Bibliografía: Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes
Parada bibliográfica

El cisne de Vilamorta
Tras a separación matrimonial, a novela emprega recursos posrománticos e folclóricos para escribir sobre un poeta ambicioso nunha vila da Galicia interior, que resulta ser O Carballiño, lugar da familia da nai política.

La madre naturaleza
Brillante continuación de Los Pazos de Ulloa onde desenvolve os personaxes e a trama, deixando claro o seu amor pola natureza galega, de tal xeito que exerce de factor determinista sobre a acción.

Insolación
Asís Taboada, marquesa viúva de Andrade, toma as súas propias decisións nunha novela de marcado estilo espiritualista. Con marco en Madrid, foi desde a súa publicación fonte de polémica pola audacia de outorgarlle capacidade activa a unha muller nunha relación sentimental non convencional. Pertence ao “Ciclo de Adán y Eva”.

Una cristiana - La prueba
Unha novela en dúas partes caracterizada polo estilo espiritualista e pola abnegación católica de Carmiña, a súa protagonista. Do mesmo xeito que noutras pezas literarias, a autora pon na voz do narrador opinións extremas que pretenden incomodar o público lector.

La quimera
É a primeira das novelas onde abandona as esixencias realistas (detalle descritivo e observación obxectiva) para sumarse á estética simbolista. Nas Torres de Alborada/Meirás, Silvio Lago/Joaquín Vaamonde sofre ao aspirar a unha quimera inalcanzable, a Arte absoluta.

La sirena negra
Con excepcional lirismo decadentista, Pardo Bazán fai que a suntuosidade do modo de vida dos protagonistas das súas novelas se enfronte con diferentes tipos de crise moral e espiritual. De temperamento desequilibrado, don Gaspar de Montenegro é incapaz de manter a estabilidade e o control sobre a súa vida. O escenario galego é Portodor/Sanxenxo, descrito con ausencia da luminosidade que caracteriza o municipio, aínda que sen perder a súa beleza.