caderno de bitácora
casalderrey, fina
Editorial elvira
Localizacións

TORALLA
Ata antonte mesmo, non podería nin sospeitar a procedencia real dos desacougantes gritos e as misteriosas sacudidas con epicentro en Illa Toralla.
Xeolocalización
42.20031183886372, -8.802514780388954
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

SAN MIGUEL DE OIA
En San Miguel de Oia, asumir que es do «Cruceiro», do barrio onde se ergue o magnífico cruceiro, é dicir, dos da banda de arriba do Colexio Ría de Vigo, leva implícito algo máis ca un código postal diferente do dos de Canido.
Xeolocalización
42.183452667449174, -8.799515047793964
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

CANIDO
Así pois, na actualidade a veciñanza do Cruceiro pouco ou nada ten que ver coa xente da costa sur de Canido, a das vivendas de luxo da rúa do Arquitecto Cominges, ou da do Arquitecto Gómez Román, noutrora estrada cortada e que aínda hoxe conserva popularmetne tal nome: « Carretera Cortada». Alí, en luxosos chalés, viven os descendentes das conserveiras, os da sonada « sardiñocracia» .
Xeolocalización
42.19409174493363, -8.7975433972261
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

AREAL DE CANIDO
—O noso de Bioloxía dixo que á praia de Canido chegaban as mariscadoras de Arousa, que aquí había moita ameixa e moita navalla, pero que a ponte o estragou todo.
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

ILLAS CÍES
—Ese achado proba que a ría non existía, isto era un val —sinala o avó a praia—. Podíase ir a pé ás Cíes!
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

AREAL DO SERRAL
Métense polo paseo que abeira a costa cara á praia do Serral, as últimas flores das coníferas de duna agasállanos cun agradable recendo. Deixan o Club de Remo atrás. Xa non lles chama a atención a impoñente moza de cómic, de longa melena negra, exuberantes senos e ollada felina, que protagoniza gran parte do graffiti da parede lateral, nin o antigo chalé dos Mirambell, convertido hoxe en Centro Arqueolóxico no que se pode interpretar a vida dos primeiros poboadores da zona na idade de Ferro; in a Villae Romana do século III d. C., tan ben conservada grazas a permanecer durante moitos anos baixo a duna.
Xeolocalización
42.197065388011175, -8.795509915526626
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

FINCA MIRAMBELL
Ao deixarmos á dereita a finca Mirambell, lembrei vagamente o que nos contara Pablo Martínez, o arqueólogo do museo, sobre a importancia do comercio por mar cos pobos do Mediterráneo…
Xeolocalización
42.196425481507035, -8.79490922593469
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

AREAL DE XUNQUEIRO - FUCHIÑOS
Foi como presencia a fin do mundo en directo: na parte sur da praia, no Xunqueiro, arredor dunha ducia de golfiños aparecían brutalmente mutilados. Algúns aínda agonizaban sobre aquela area vermella.
Xeolocalización
42.19218202143564, -8.803142475544059
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

PUNTA SOBREIRA
Uns terroristas do mar, non se poden chamar doutro xeito, aproveitaran que, por mor da néboa, non había embarcacións navegando e lanzáronse ás carreiras coas súas potentes lanchas, convertendo a ría nunha autoestrada ao competiren por ver quen era o máis rápido en percorrer o traxecto que separa as Illas Cíes de Punta Sobreira.
Xeolocalización
42.20494034839044, -8.811534852067446
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

CABO ESTAI
Cando os competidores viron como os ronseis de escuma branca, que debuxaban nos seus percorridos, se tinxían de vermello, fuxiron cara a Cabo Estai, Punta do Apio… Algúns golfiños, mortalmente feridos, comezaron a chegar á costa arrastrados pola propia mareira que as lanchas provocaran.
Xeolocalización
42.187134441279355, -8.815247046523698
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

AREAL DE XUNQUEIRO - FUCHIÑOS
—Fuchiños, señor Cesáreo, para min era a praia da mocidade de Oia, dos amores de verán, das fogueiras pola noite. A estrada estaba cortada, non levaba a ningures, e a praia era nosa.
Xeolocalización
42.19218202143564, -8.803142475544059
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

AREAL DA BURACA
Tomás propón coller as bicicletas, metérense pola rúa do Arquitecto Antonio Cominges e baixar ata a praia da Buraca, pero Loreto oponse:
—Eu non vou a unha praia nudista! Imos a praia Sobreira!
Xeolocalización
42.18938811044941, -8.812719653595876
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

AREAL DE MUIÑOS
Daquela, un Tomás avermellado ata as orellas —sorte que está só, no seu cuarto, mentres le a menxase —, suxire a praia de Muíños do Fortiñón, a onde teñen ido con Cesar e Olimpia practicar surf e mergullo en múltiples ocasións.
Xeolocalización
42.16111267923095, -8.818842765431334
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

PARQUE FORESTAL DE SAIÁNS
O meu curmán Cesar e mais eu subimos por Camposancos dispostos a andarmos os máis de catro quilómetros que nos separaban do Parque Forestal de Saiáns, o primeiro que se fixo en Vigo. Na fonte do Regato da Estea, en San Xurxo, bebemos e agardamos polos demais. Tomás empeñárase en baixar dende Gontade e ir canda as xemelgas. Aínda nos separaban da meta preto de dous quilómetros.
Xeolocalización
42.16913237206866, -8.793204802034069
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

MUÍÑOS DE ZAMÁNS
Eu mesma, directamente animeinos a que descubrisen a rota dos Muíños de Zamáns. En realidade o que queriamos era afastalos, que nos dixasen en paza para falarmos sen intrusos.
Xeolocalización
42.15811164525224, -8.691903978987565
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns
Sinopse
Historia dunha moza adolescente na que conviven as contradicións entre o mundo rural e urbano e mesmo a diferenza entre o mundo dos adultos, o da protagonista e o do seus amigos.
A cuadrilla vai madurando a través do respecto á natureza e á paisaxe, grazas a súas vivencias nos barrios e praias da parroquia de Oia.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Citas literarias
Licencia editorial otorgada por Editorial Elvira.
Editorial
Edición en galego
Editorial Elvira
1ª edición
2019
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Vila Romana de Toralla
Finca Mirambell
Liña 5
Finca Mirambell – Vila Romana
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.