Rodríguez, David
Vigo, 1975
Deseñador gráfico de profesión e activista político vocacional.
Fotografía: arquivo do autorBiografía
Publicou teatro radiofónico: «O Bambán» (Xerais, 2007), «Nunca me esquecerei de ti» (Xerais, 2010); poesía: «Lapidarias, os versos escuros» (Xerais, 2010); literatura infantil: «Superavoa» (Xerais, 2020); ensaios colectivos: «Non conciliados. Argumentos para a resistencia cultural» (2010), «A praza é nosa» (2011), «15-M. O pobo indignado» (2011), «Por uma democracia radical. Vozes subalternas contra o estado de exceção» (2012), «Entrementres. Ensaios para unha nova cultura política» (2014). Desde 2005 mantén o blog «O funambulista coxo», do que ten publicada unha escolma en papel titulada «Retomando a palabra.
Das guerras culturais ao crac financeiro» (2012). En 2018 publica o ensaio «O canastro sen tornarratos. Resistencia popular na era do capitalismo sen democracia. Unha ollada galega» (Xerais). Colabora con artigos de opinión en numerosos medios, como «Nós Diario», «Praza Pública», «Tempos Novos», «Luzes», «Novas da Galiza», «Mientras Tanto», «Espai Marx», «Sin Permiso», «Viento Sur» ou «Diagonal». No enderezo de correo electrónico «ofunambulista@gmail.com» pódese contactar con el, así como a través da súa conta en Twitter (@ofunambulista), onde desafoga as súas coitas.
Bibliografía: Editorial Xerais
Paradas bibliográficas

Marxes
Guía ilustrada do Vigo rebelde
«Marxes» traza un mapa afectivo con itinerarios por Vigo no que se rememoran, con textos, fotografías e ilustracións, as batallas do Vigo rebelde e solidario. Son 40 historias reais que retratan con emoción episodios relevantes para as clases populares viguesas. Narrada por Xurxo Martínez González e ilustrada por David Rodríguez, esta «Guía ilustrada do Vigo rebelde» é perfecta para ler ou para percorrer a pé os escenarios dos feitos.
Edición en galego
Editoral Xerais