o último barco
Villar, domingo
Editorial galaxia
Localizacións

PONTE DE RANDE
Serpeando entre casas cada vez mais baixas, foron deixando atrás a cidade e enfilaron a ponte de Rande, que cruzaba a ría no lugar en que as marxes estaban máis próximas. A inauguración da ponte, varias décadas atrás, reducira en máis de vinte quilómetros o traxecto entre Vigo e as poboacións da outra beira.
Xeolocalización
42.28817463236884, -8.66052341556845
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

MONTE DA GUÍA
Distinguiu os mastros dos veleiros aliñados baixo o monte da Guía, os depósitos do porto de mercadorías, a silueta do antigo hospital, a do Concello recortada contra o monte do Castro, as naves da lonxa e os frogoríficos, e os guindastres dos estaleiros orfos de barcos en construción.
Xeolocalización
42.25676250576314, -8.702584034336262
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

ALAMEDA
Caldas levantouse e achogouse á ventá para observar a xente que paseaba pola Alameda, baixo os castiñeiros de Indias que o vento e a choiva dos días anteriores teminaran de denudar.
Xeolocalización
42.23945409000837, -8.722392293248634
Liña literaria
08 Liña Príncipe – Berbés

ESCOLA DE ARTES E OFICIOS
En 1885, os trescentos membros da sociedade benéfica viguesa A Cooperativa acordaron crear unha escola en que se ensinasen diversos oficios artesáns e actividades industriais. Estaban convencidos de que a instrución axudaría ao desenvolvemento das industrias establecidas na cidade e que, ao tempo, daría aos traballadores a oportunidade de abrir os seus propios talleres, tomando ao cargo aprendices e converténdose eles mesmos en empresarios independentes que achegasen prosperidade á abatida economía local.
Xeolocalización
42.23777151404924, -8.71971059033862
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

OBRADOIRO DE CERÁMICA - EMAO
Caldas pasou a outra sala con diversas máquinas. Había unha laminadora e unha extrusionadora manual cun letreiro: «Límpaa ben, pensa en todos». No chan aliñábanse seis torno de olería eléctricos.
Xeolocalización
42.23777151404924, -8.71971059033862
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

BIBLIOTECA - EMAO
O edificio anexo, inagurado en 1904 coa intención de destinar as aulas ao ensino para mulleres, ocupaba o soar contiguo ao da Escola de Artes e Oficios na rúa Pontevedra, a que descendía cara ao mar pola fachada lateral. Aínda que tiña entradas independentes desde a rúa, os dous edificios estaban comunicados pola interior a través dunha biblioteca forrada de madeira escura.
Xeolocalización
42.23777151404924, -8.71971059033862
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

OBRADOIRO ARTESANAL DE INSTRUMENTOS MUSICAIS - EMAO
A sección do taller próxima á porta estaba dedicada á construción de zanfonas. A do fondo, ás gaitas e o resto de instrumentos de vento. Había un banco de carpinteiro colorado contra a parede oposta ás xanelas e, encima, varios taboleiros con ferramentas e fotografías antigas que mostraban instrumentos e bandas de música.
Xeolocalización
42.23777151404924, -8.71971059033862
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

OBRADOIRO LUTHERÍA ANTIGA - EMAO
Os policías subiron pola escaleira de metal do edificio anexo ata o relanzo da segunda planta. A un lado observaron dúas portas e, ao outro, un miradoiro desde o que se vían, iluminadas, as aulas do edificio principal. Unha das dúas portas daba ao taller de moda e confección. A outra, sobre un pergamiño e un molde dun pequeno violín, aparecía escrito con letras en relevo: «Obradoiro de luthería antiga”.
Xeolocalización
42.23777151404924, -8.71971059033862
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

OBRADOIRO DE DEBUXO - EMAO
A aula de debuxo era moi ampla, co teito alto e o chan de taboleiros de piñeiro tea que García Barbón fixera traer de Cuba antes de levantar a escola. Ademais de catro xanelas que Caldas vira desde o vestíbulo de luthería antiga, había unha máis aberta noutra parede.
Xeolocalización
42.23777151404924, -8.71971059033862
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

ELIGIO
As campás da concatedral daban as dez cando Caldas saíu da comisaría. Atravesou a Alameda encollido no abrigo e subiu ata a Porta do Sol. Levantou a vista cara á escultura do home peixe, cuxas escamas metálicas parecían reflectir todas as luces da cidade, e tomou a calella que conducía ao Elixio.
Xeolocalización
42.237607303747644, -8.724733488586127
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

PASEO ALFONO XII
A rúa recibiuno con frío e os farois acendidos, O inspector baixou camiñando coas mans nos bolsos ata o paseo de Afonso XII e, á altura da estatua da ninfa e o dragón, aopiouse na varanda para comtemplar o mar sobre o antigo barrio dos pecadores.
Xeolocalización
42.23651621673926, -8.728235144405966
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

ILLAS CÍES
Na dársena dedicada ao transporte de pasaxeiros pola ría viu tres pasarelas. Unha conducía ao barco das illas Cíes e as outras dúas aos transbordadores que cruzaban a ría ata Cangas e Moaña. O Pirata de Ons xa esperaba novos viaxeiros co motor apagado.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

HOSPITAL XERAL
Pouco antes daquel episodio, os xulgados foran trasladados a un edificio moderno da rúa Lalín, no ensanche da cidade, coa esperanza de que conservasen aquela localización durante moito tempo. Con todo, a progresiva xudicialización da vida cotiá obrigara a sucesivas ampliacións e a contemplar un novo traslado ao enorme edificio que antes ocupara o Hospital Xeral.
Xeolocalización
42.23074491977528, -8.716604069330248
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

BAR PUERTO
Leo Caldas entrou no bar Puerto e apostouse na barra, xunto á entrada, esperando que o sentasen. Na mesa máis próxima, un cliente solitario, tamén habitual dos mediodías, devoraba unha fonte de mexillóns abertos ao vapor que regaba cunhas pingas de limón antes de levalos á boca.
Xeolocalización
42.238563028049576, -8.717878330914022
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

CÁNOVAS DEL CASTILLO
Varios viaxeiros desembarcaban pola pasarela e afastábanse coma nun desfile cara á rúa Cánovas del Castillo. As siluetas que sinalara Clara Barcia collían por un camiño distinto e, tras desembarcaren, dirixíanse á esquerda e perdíanse na escuridade.
Xeolocalización
42.239406324239134, -8.728744248237698
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

COLEXIO DE ARQUITECTOS
—Para iso os poñen, para sensibilizar a xente —dixo Caldas, e ao ver a través das pareces de cristal do Colexio de Arquitectos varias esculturas colocadas en círculo, acordouse de Miguel Vázquez e cambiou de tema—. Ti tamén expós?
Xeolocalización
42.23750916079227, -8.72475967133391
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

PRÍNCIPE
Pegouse a Elvira e camiñaron baixo o paraugas ata a rúa do Príncipe. Alí Caldas mirou cara arriba e viu brillar as escamas metálicas do home peixe.
Xeolocalización
42.23703431895109, -8.722784702078062
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

PORTO DE VIGO
Caldas saíu fumar á terraza e, sen achegarse demasiado á varanda, contemplou a vista sobre a ría. Á esquerda, no porto pesqueiro, comezaba o bulicio de cada noite. Por terra recibía un desfile de camións e, desde o mar, os barcos coas escoltas de gaviotas ían chegando a descargar as adegas. Todo estaría vendido na poxa antes do amencer.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
A filla do doutor Andrade vive nun lugar onde as praias de ondas mansas contrastan co bulir da outra beira. Alí, as mariscadoras pescudan na area, os mariñeiros botan os aparellos á auga e os que van traballar á cidade agardan no peirao a chegada do barco que cruza cada media hora a ría de Vigo.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición galego
Editorial Galaxia
Edición en castelán
Ediciones Siruela
1ª edición
2019
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Miguel Vázquez
Obradoiro de cerámica – EMAO
Liña 6
Emao, Escola de Artes e Oficios
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.