unha xigante ira colectiva
Reimóndez, María
Editorial elvira
Localizacións

PRAZA DE AMÉRICA
Mais cando unha está esperta é difícil pensar que o resto da xente dorme, mesmo se avanza pola avenidad de Castelao deserta e silente ata a praza de América e comenza a ascender pola praza da Independencia ata chegar a Camelias, á casa onde limpa as escaleiras, os cristais do portal, o ascensor.
Xeolocalización
42.220589623218224, -8.732527686734281
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

HISPANIDADE
Así que segue o proceso preestablecido e desanda o camiño feito sentindo o vento na cara e a poalla, tripando novamente sobre a alfombra de camelias caídas, cara a Hispanidade.
oa no medio da choiva e do vento (a menos que haxa ameaza de temporal e poidan caer árbores).
Xeolocalización
42.22938169638333, -8.729003831192971
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

EUGENIO FADRIQUE
Ela asistiu silente a todo o espéctaculo, con gana de chorar. Todo aquilo dáballe medo. Así que marchou sen dicir nada e saíu respirar o aire á esquina coa rúa Coruña. Mirou cara abaixo para ver o mar, máis alá daquel obreiro de metal que mazaba infinitamente co seu martelo o camiño cara á lonxa, aos estaleiro, ás praias.
Xeolocalización
42.22491949421082, -8.735819850563955
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

LAGARES
Ela sorrira un pouquiño case sen gana. Non podía evitar a enerxía contaxiosa de Amaia, mesmo sabendo que vivía con outra xente xitana do barrio naquel pequeño poboado que estaba baixando cara o Lagares.
Xeolocalización
42.215612538567875, -8.706096557175293
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

IGREXA DO CARME
Ficou parada diante do poste pensando de onde ían caer as referencias esas pero non lle deu tempo a moito máis porque o reloxo indicaba que tiña que regresar porque tiña aquela casa de Álvaro Cunqueiro, a que estaba a carón da igrexa do Carme, que atender e xa lle era hora de camiñar ata alí.
Xeolocalización
42.22386488869215, -8.73141545818041
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

SEARA
Guiáraa dende o Freixeiro ata a Gran Vía e logo pola rúa Girona ata saír a onde as Camelias se unían a López Mora. De aí atravesaran a rúa e baixaran pola Seara ata un lugar que a Isadora non lle soaba nada. Era una especie de pequeño parque.
Xeolocalización
42.22409995328963, -8.733180030928278
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA
—Mercedes baixara dende o hospital, o Elduayen, ese que hoxe chaman Nicolás Peña, dáste conta?
Isadora sabía perfectamente onde era. Sempre a fascinara ese edificio, máis agora que lle chantaran unha torre de pisos enorme diante, o cal facía o contraste coas súas vidreira e pedra máis rechamante aínda.
Xeolocalización
42.22535368531571, -8.728043615414174
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias
LAVADORES
Ela viña no tranvía dende Lavadores, era unha tirada enorme. Proviña dunha familia moi humilde e traballaba dende nena. Ao final conseguira facerse enfermeira.
Xeolocalización
42.22656442754392, -8.695558542364664
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

PINTOR COLMEIRO
Ao chegar á rúa Pintor Colmeiro a señora Berta pediulle que cruzasen. Quería ver a pequena instalación do outro lado. Unha serie de cadros do pintor. A Isadora gustáronlle. Entendía mellor as imaxes que as letras.
Xeolocalización
42.22473174577554, -8.727653030928275
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

PRAZA DA MIÑOCA
—Basicamente porque os meus pais deixaran máis propiedades en herdanza, alá neste sitio onde agora hai unha praza cunha escultura dun verme…
—A miñoca?
—Si, iso. Faime graza ese lugar.
—Un día imos.
Xeolocalización
42.2170563416439, -8.740517444401991
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

COIA
O día que morreu a señora Berta foi o primeiro día en moito tempo que Isadora paseou polo seu barrio de Coia a media mañá. Sentou nun banco observar a xente. Aldara chamáraa moi cedo pola mañá, cando estaba tomando o café en Hispanidade, para dicirlle que a señora Berta falecera pola noite. Ela non soubo que facer, afeita a dirixirse á súa casa no Freixeiro.
Xeolocalización
42.22179397942839, -8.74106079623981
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

BARCO ALFAGEME
«Hoxe concentración. Non ao barco». Ela le con dificultade e tenta comprender. Que barco? Dá súas alancadas coas súas pernas longas e chega a carón da muller.
—Que é isto?
—Que vai ser! O do barco!
—Que barco?
—O Alfageme!
Xeolocalización
42.21846330102904, -8.74410510017874
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

CEMITERIO DO FREIXEIRO
Mete o papel no peto e marcha axudar a Aldara a preparar o enterro. A señora Berta quería ser soterrada no cemiterio do Freixeiro, onde había aínda compañeiras «coas que bailara no San Xoán», dicía sempre para referirse ás súas amigas do hóckey e das loitas cidadás.
Xeolocalización
42.2187689005201, -8.72710530580312
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

PARQUE DA BOUZA
Camiña polo barrio sen mirar cara a onde e chega, moito máis rápido do que habitualmente o faría, ao parque da Bouza, onde por fin acouga algo, onde por fin o descansar silencioso dos parrrulos e esa lagoa no medio da cidade lle dan algo de paz.
Xeolocalización
42.21285823824179, -8.747981830928635
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

MUSEO LISTE
Hoxe é o enterro da señora Berta e continúa o día dando voltas pola Espedrigada, polas rúas que soben e baixan, por diante do Museo Liste, pola Florida. As horas van pasando ata que volve achegarse ao cemiterio de Freixeiro e ao remate do enterro.
Xeolocalización
42.2180648561097, -8.730920344422541
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias
Sinopse
A instalación da factoría de Citroën en Vigo representa un punto de inflexión que marcará o devir da cidade e a súa bisbarra. Dende a súa inauguración constitúese como un referente de progreso para milleiros de viguesas e vigueses.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Citas literarias
Licencia editorial otorgada por Editorial Elvira.
Editorial
Edición en galego
Editorial Elvira
1ª edición
2019
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Río Lagares
Parroquia de Sárdoma
Liña 9
Parque da Bouza
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.