granito

Alonso, Álex

 

Editorial Xerais

Localizacións

Praza da Princesa Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA DA PRINCESA

Quedaran entón en se veren ás cicno na Porta do Sol e, cando a gulla xa pasaba dez minutos da hora convida, Louredo xurdía dun lateral , pola praza da Princesa, e aproximábase ás carreiras co fin de evitar mollarse coma un pito.

Xeolocalización

42.23847462353992, -8.725638686959586

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Monte dos Pozos Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

MONTE DOS POZOS

No Ruada, na mostra de xoguetes antigos da Casa das Artes, incluso un domingo, no monte dos Pozos, en Valadares, cando lles botaba migas de pan aos patos en compañía de Merce.

Xeolocalización

42.18355230708583, -8.73777430792057

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Poboadores Casco Vello

POBOADORES

De retirada á comisaría, tras o periplo da rolda nocturna, cando o coche patrulla se achegaba ao paseo de Afonso XII, Louredo decidiu deixar a Abalde, o seu compañeiro de servizo, apearse, maldicir a falta de prensa do outrora pintoresco quiosco situado no medio da beirarrúa-destinado na actualidade a oficina de información turística-e baixar andando pola rúa dos Poboadores, a vía máis antiga de Vigo, a tomar unha cervexa e unha tapa de orella.

Xeolocalización

42.23701692900936, -8.728139873241973

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Paseo de Alfonso XII. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PASEO DE ALFONSO XII

«¡Que dirán entonces los de Jaén!», á vez que debuxaba na súa mente, nítida e resplandecente, coma nun cadro impresionista, a vella oliveira do paseo de Afonso XII.

Xeolocalización

42.23651621673926, -8.728235144405966

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Fonte da Falperra. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

FALPERRA

Pablo e o seu grupo emprenderon a tarefa a partir da fonte da Falperra, fronte á antiga Panificadora, para dirixírense pola rúa Cachamuíña ata a grande escalinata situada na parte sur do promontorio, a carón da praza do Rei.

Xeolocalización

42.23506772489195, -8.728713859750114

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Praza da Independencia Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA DA INDEPENDENCIA

Agora si que lle «soaba» ter pasado por algún deses negocios, pero non estaba seguro de se fora exactamente pola praza da Independencia ou pola avenida da Florida.

Xeolocalización

42.224117802822086, -8.729907373257644

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Aeroporto de Vigo Peinador. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AEROPORTO DE PEINADOR

A noite anterior, Dani pedíralle permiso ao pai para ausentarse a mañá do día seguinte do seu traballo en Fenymar, xa que quería ir recibir ao aeroporto de Peinador a selección española de fútbol de Javier Clemente, que o mércores desa semana disputaba un partido amigable en Balaídos con Portugal.

Xeolocalización

42.23131088372364, -8.62838577693686

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Praza Elíptica Rafael de Riego Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA ELÍPTICA

Á próxima apertura do centro comercial Las Camelias, en plena Praza de América, uníanse agora os proxectos para instalar un hipermercado Continente nos terreos do Troncal da travesía de Vigo, adquiridos mediante convenio asinado coa antiga propietaria, Unión Fenosa, e, sobre todo, o ambicioso plan de crear un novo espazo para o lecer no corazón da urbe-preto da Gran Vía, a praza de España e El Corte Inglés-,que, cando se fixese realidade, sería denominado «praza Elíptica».

Xeolocalización

42.231595301120635, -8.720779986577881

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Don Bosco Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

DON BOSCO

O día anterior os xornalistas vigueses festexaran a conmemoración do seu patrón, san Francisco de Sales, cunha misa no santuario de María Auxiliadora, situada na rolda de Don Bosco, e cun posterior viño de honor na Asociación da Prensa, acto presidido polo gobernador civil da provincia,…

Xeolocalización

42.23514314502508, -8.72364699041668

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Lonxa de Vigo Porto de Vigo Porto pesqueiro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas. fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

LONXA DO BERBÉS

Con todo, os obxectivos principais dos folguistas eran outros: Vitrasa, Alcampo, Citroën e El Corte Inglés,e, en menor medida, a lonxa do Berbés, o Concello e as sedes centrais das entidades bancarias, cuxas portas foron seladas con silicona. Unha dotación de bombeiros apareceu por Policarpo Sanz para apagar algúns contedores de lixo, aos cales se prendera lume.

Xeolocalización

42.23772571951664, -8.729228088430586

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Areal Tombo do Gato PIncho do Gato La Fuente. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PRAIA DO TOMBO DO GATO

A xente camiñaba dun lado a outro, coma nunha procesión interminable, desde Punta Lagares ata preto da praia do Tombo do Gato. A illa de Toralla, en primeiro termo, e as Cíes, ao fondo, representaban en última instancia o escenario ideal no cal pintar o lenzo de algo parecido a unha porción de felicidade.

Xeolocalización

42.22092111225299, -8.77593498140851

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

San Miguel de Oia, Cruceiro. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

SAIÁNS

E chegando a Saiáns, Vila tivo a sensación de que algo ía ocorrer, pero descoñecía aínda o desenlace.

Xeolocalización

42.173820175184325, -8.811324785612323

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Sinopse

Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión. Fronte ao concepto de novela de non ficción, tan vencellada ao escritor Truman Capote en «A sangue frío», Álex Alonso aposta aquí pola ficción, iso si, elaborada a partir dun enorme traballo de documentación xornalística. «Granito» conta o salto ao baleiro de dous seres que xa levaban o fracaso marcado nas súas costas, nunha acción completamente improvisada, sen reflexión nin preparación previas: a acción case suicida de dous policías que non tiñan nada que perder. Ao mesmo tempo, a novela convértese nunha crónica sentimental, case documental, dos anos noventa en Galicia.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 02

Casco Vello

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 04

Travesía – Teis

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Liña C

Circular – Vigo

Liña Especial

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2020

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Praza Elíptica

Francisco Fernández del Riego

Liña 7

Praza Elíptica

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar