hemingway en galicia
casares, carlos
Editorial Galaxia
Localizacións

BAÍA DE VIGO
Artículo no Toronto Start Weekly
18/02/1922
Vigo é unha cidade que parece de cartón, con rúas de lastro, enlucida en branco e laranxa, erguida á beira dun porto grande e case pechado de todo, que practícamente podería ter amarrada a toda a flota británica. Os montes queimados polo sol métense no mar como vellos dinosauros fatigados e a color da auga é tan azul como unha litografia da baía de Nápoles.
Unha igrexa gris de cartón con torres xemelgas e un castelo aplanado, de aspecto triste, que coroa o monte sobre o cal se ergue a cidade, miran cara á baía azul, a onde se dirixirán os bos pescadores cando a neve baixe polos ríos do norte e as troitas estean agochadas en pozas fondas, baixo escumas de xeo. Porque a litografia azul e brillante da baía está chea de peixe.
Xeolocalización
42.24592538592534, -8.717746755721576
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

PORTO DE VIGO
Á SÚA FAMILIA
No mar, 20 de decembro de 1921
Subindo pola costa. De España, preto do cabo Fisterra, vimos unha balea. O porto de Vigo é case pechado de todo e foi un grande escondedoiro para os submarinos alemáns durante a guerra. Falei a miña Lingua Franca (Lingua Mediterránea Internacional) en Vigo e fixen de intérprete para todos os pasaxeiros. Hash (Bones) sabe falar francés, así que nos apañamos magnificamente.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

GRAN HOTEL (EDIFICIO EL MODERNO)
A WILLIAM B. SMITH, JR
No mar, c. 20 de decembro de 1921
Boid:
Vigo, España. Este si que é un sitio para un macho. Un porto case pechado e case tan grande coma o de Traverse Bay, con montes grandes e marróns. Un pode mercar un barco de vela latina por cinco dólares. O Gran Hotel custa un dólar ó día e a ría ferve de atúns.
Xeolocalización
42.23815914315721, -8.724751931276126
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

VIGO
Entón, Hemingway, que lera en inglés a novela Sangre y arena de Blasco Ibáñez, xa estaba interesado nos touros como tema literario. O citado Edward F. Staton asegura, sen embargo, que antes de viaxar a España na primavera de 1923, o escritor americano, que de España só coñecía a cidade de Vigo, tiña unha imaxe tópica do país, na que mesturaban ideas xerais sobre a corrupción, a sensualidade das mulleres, o exotismo e o romanticismo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo
Sinopse
Carlos Casares fan unha coñexión entre Galicia e Hemingway.
Velaquí un libro que é a crónica dunha experiencia persoal e a especial homenaxe que Carlos Casares lle rende ao grande escritor norteamericano. Seguindo a pegada das referencias que Hemingway facía a Galicia en textos literarios e cartas —froito das súas visitas entre os anos 1921 e 1933—, Casares busca descifrar o misterio que se esconde detrás daquelas alusións. O resultado é un relato sorprendente escrito coa prosa amena e precisa de Carlos Casares e ilustrado con numerosas fotografías da época. Este libro de capa dura inclúe tamén as cartas de Hemingway nas que se refire a Galicia.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 02
Casco Vello
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
1999
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Ría de Vigo
Vista desde Cangas do Morrazo
Liña 8: Príncipe - Beiramar
Porta do Sol – El Moderno
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.