Martín Vigil, José Luis

Oviedo, 1919 – 2011

Estudou Enxeñería Naval na Escola Especial de Enxeñeiros Navais, abandonando os estudos ao chegar a Guerra Civil, na que participou no bando sublevado.
Fotografía: Asoc. Antiguos Alumnos Jesuitas Vigo

Biografía

En 1955 publicou a súa primeira novela en México, unha novela que tería un éxito importante en España, La vida sale al encuentro, ambientada precisamente en Vigo. Tres anos máis tarde, en 1958, deixa a Compañía de Jesús e varios anos máis tarde tamén abandonou o sacerdocio. Despois desa primeira novela comezou a escribir con máis regularidade, especialmente novelas xuvenís, aínda que tamén cultivou outros xéneros, como a novela erótica. Publicou varios libros de carácter relixioso como Yo Ignacio de Loyola, En Marcha Cristianos, Destino: Dios ou Listos para resucitar. Foi premiado dúas veces pola Oficina Católica de París á mellor novela estranxeira.

Bibliografía: Wikipedia

 

Parada bibliográfica

la vida sale al encuentro José Luis Martín Vigil

La vida sale al encuentro

Nesta novela, un mozo de quince anos relátanos a súa vida no seo da súa familia, no círculo dos seus amigos e no colexio onde está interno; todo iso no transcurso dun ano pródigo en contrariedades para el. A descrición é minuciosa en detalles. Demostra a súa gran admiración polo seu pai, o agarimo cara ao seu irmán, a total entrega que fai da súa confianza no pai Úrcola… e o amor pola súa curmá. O protagonista posúe un corazón grande e un amor magnífico, a pesar das caídas.

Edición en castelán

Editorial Juventud