Cobas, Amadeo
Noia, 1966
Cursou estudos de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Escribe en castelán e galego.
Fotografía: arquivo AELG - Distrito Xermar
(Alberte sánchez Regueiro)
Biografía
Ten publicados os seguintes libros en solitario: «Un amigo en el Galacho» (2001), «Contos de viaxe» (2002), «Miranda», (2004), «Pasar a la posteridad» (2005), «As pantasmas sodes do que non hai» (2007) e «A cacería» (Xerais, 2016), Vº premio de novela curta «Cidade centenaria de Riveira». Ten publicados os seus textos en obras colectivas como «Alma de Beiramar» (2003), «Historias de Loarre» (2005), «Aragón: ríos de arte» (2006), «Monegros» (2006), «Historias para catar», (2006), «A doenza da paisaxe» (2007) e «Ducha escocesa» (2008).
Articulista en diversas revistas culturais, foi colaborador dos suplementos de crítica literaria dos xornais «Heraldo de Aragón» (Artes y Letras), «Diario de Teruel» (El Parnaso) e na actualidade do blog de crítica literaria «La tormenta en un vaso». Acadou varios galardóns literarios, como o premio no VII Certamen de Relatos «Tierra de Monegros», de Huesca, a mención honorífica na modalidade de conto do Premio Platero 2005, en Ginebra (Suiza) ou o accésit de poesía no X Certamen Manuel Oreste Rodríguez, de Paradela (Lugo). É membro fundador da Asociación Cultural Catropatacos.
Bibliografía: Editorial Xerais
Paradas bibliográficas

Poboadores do Atlántico
O relato Os poboadores do Atlántico desenvólvese nas paraxes naturais das Illas Cíes. As praias, os cantís, as furnas e os mosteiros son o escenario que percorren os personaxes. Os tempos que lles toca vivir aos protagonistas son difíciles e cheos de perigos, que tratarán de esquivar con astucia. A novela é unha homenaxe aos relatos de aventuras nas que se enxalzan valores universais como a lealdade e a amizade.
Alberto Vilaboa Pérez
Edición en galego
Editorial Elvira