todo canto fomos
monteagudo, Xosé
Editorial galaxia
Localizacións

PORTO DE VIGO
O primeiro sínal que lle indicou que a decisión tiña un carácter irreversible e a viaxe era sen volta, non foi perder de vista a terra nin a desaparición dos últimos barcos que traballaban na desembocadura da ría, senón a ausencia de gaivotas voando por riba da cuberta do transatlántico.
Pouco despois das tres zarparan do porto de Vigo.
Xeolocalización
42.23778269425084, -8.732230084659953
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

VIGO
A Visita a outro especialista en Vigo, que confirmou o diagnóstico, os coidados médicos, a atención constante de Amaro, fixeron sospeitar con claridade a Adriana que a doenza era grave.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Coa axuda de Abel Sueiro, a persoa que empregara para aquel labor, buscaba as compañías de teatro dispostas a representar obras no Teatro do Novo Mundo, os orfeóns e orquestras que podían estar de paso pola cidade no seu camiño cara a Vigo ou cara a Santiago.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
Contoulle que Regina impartía clases nunha escola en Poio, que Merche entrara a traballar nunha academia en Pontevedra e que Estela estaba nun colexio de Vigo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

FARO DE VIGO
Gonzalo Rubiños era un xornalista que traballaba no Galicia, de Vigo, e despois de que ese xornal desaparecese, pechado pola ditadura de Primo de Rivera, fora director do periódico Fisterra, de Santiago, colaboraba en Faro de Vigo e agora escribía de cando en vez en La Voz de Galicia.
Xeolocalización
42.2375505577893, -8.723024188548413
Liña literaria
E Liña Especial

VIGO
Agora, mentres observaba as luces de Vigo desde a camioneta, pensou que, de calquera xeito, por moi prevido que estivese, ningún dos seus actos daquelas semanas ía variar.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

VIGO
A través do veo grisallento da néboa albiscou as altas árbores arredor dos sete ou oito edificios, e sorprendeuno que a illa fose máis grande do que imaxinara sempre desde a costa cando ía cara a Vigo.
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648

CÁRCERE DE VIGO
Algún dos oíntes preguntou que pasara con el despois, e Felipe contou que o condenaran a cadea perpetua e que cumpría a súa condena no cárcere de Vigo.
Xeolocalización
42.23576123570263, -8.721132457741655
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
Unha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles. Un escritor de novelas policiais, residentes en Londres, que descobre unha verdade sorprendente entre os papeis do legado da súa nai. Unha moza que persiste nun noivado secreto e prohibido. Un emigrante galego na Arxentina que non esquece a súa orixe mentres anda en procura do éxito económico. Un historiador que, arrastrado pola violencia dos acontecementos, lembra os momentos cruciais da súa vida. Estes son algúns dos personaxes que compoñen unha trama na que a normalidade é só a aparencia baixo a que se ocultan misterios inquietantes. Todo canto fomos é unha novela que percorre máis de un século de historia galega para devolvernos o relato dun pasado que segue alentando no presente.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Liña Especial
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2018
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Porto de Vigo
Porto pesqueiro
Liña 8
MARCO (cárcere)
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.