o meu nome é ninguén
Esteban, Manuel
Editorial Xerais
Localizacións

MONTERO RÍOS
No peirao, máis aló do paseo de Montero Ríos e das bandadas de turistas noctámbulos que engalaban ao redor dos locais de moda, destacaba un elegante veleiro de bandeira francesa, como unha gran sombra recortada contra a lúa.
Xeolocalización
42.240682393563354, -8.722528844358807
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

HOSPITAL NICOLÁS PEÑA
Agardei un intre antes de coller o sobre e a carpeta que deixara debaixo, asinar o formulario e saír do despacho de Lema. Mentres marchaba pensei que moi probablemente esa era a última vez que visitaba as dependencias do Imelga, no vello Hospital Nicolás Peña, como policía nacional. A maioría das veces non somos conscientes de cando é a derradeira vez que facemos algo (a derradeira vez que viaxamos a unha cidade, que bicamos alguén ou que falamos co noso irmán). Pero de vez en canto a vida nos regala a ocasión de despedirnos.
Xeolocalización
42.22535368531571, -8.728043615414174
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

NAVIA
O novo polígono de Navia comparte lenda urbana coa muralla chinesa: a xente afirma que se pode ver desde o espazo. Vigo enteiro está inzado de colmeas como esa. E vese que aos vigueses nos gustan, ou non nos deben amolar abondo, porque os políticos, os arquitectos ou quen demo fose volvían unha e outra vez, década tras década, anel periférico tras anel periférico, repetir o mesmo esquema: bloques de cemento un detrás doutro, sen medida nas alturas e no xeito, con algunha pinga de cor para disimular o masacre paisaxístico e, probablemente, con moita comisión ilegal agochada nos seus cimentos. O único bo era a xente que acababa ocupando eses panais: abellas traballadoras, rapazada nova e testalana que non quería marchar da súa cidade.
Xeolocalización
42.20726522791645, -8.767600663885377
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

A MADROA (REFUXIO)
Pensei no canil municipal, pero ninguén que o coñecera lle faría iso a un can. O refuxio da Madroa tampouco me convencía. Moitos ocupantes, moitas preguntas e pouco futuro.
Xeolocalización
42.24994585488178, -8.676533002061417
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

MARÍA AUXILIADORA
Eran case ás once da noite. A cidade baixaba as persianas. Case toda ela. Lembrei que a escasos douscentos metros da farmacia, na rúa María Auxiliadora, Afonso agardaba coa porta aberta da tasca máis noxenta, vencida e arrabaldeira do mundo.
Xeolocalización
42.235292569608106, -8.724525410316874
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

ZAMÁNS
Abaneaba a cabeza dun lado a outro. Parecía estar dando fe do niño de abxeccións que habitaba do outro lado do embalse de Zamáns. A colección de nefandas tentacións que axexaban na cidade aos que abandonaban o sagrado amor de Cristo. Se eu lle contase…
Xeolocalización
42.15887781352282, -8.687483691404164
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

UNIVERSIDADE - UVIGO
No alto de San Cosme collín á dereita, pola Universidade. Un camiño algo menos directo pero que me permitía facer outra parada no Decathlon. Se non coñecían a Sonia Deza talvez coñecesen a Clara Filgueira.
Xeolocalización
42.170240304583764, -8.684728603413712
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

SAN ROQUE
Aparquei en San Roque, unha rúa tranquila por riba do Hospital Xeral, agardando pola resposta de Sandra, tan rápida coma sempre. Á beira dese rañaceos creceran algúns edificios que, sen ser tan altos, tamén querían destacar.
Xeolocalización
42.228591121952356, -8.709853930979529
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

CONCELLO
Baíxei ata o aparcadoiro do Concello coa cabeza pasada de revolucións. Anoando cabos, xuntando pezas e botando contas. Faltaba algo. Aínda non tiña o cadro completo. Chamei ao número de Atticus pero non daba sinal. Subín ao coche esgotado tras o baixón da adrenalina e a camiñada, metafórica e real, ao redor da cruz.
Xeolocalización
42.23637884716341, -8.726710630758435
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

SAN ANDRÉS DE COMESAÑA
—Clara, escoita…, dixo que agarda por ti mañá ás cinco na Casa Moderna, unha pensión en San Andrés de Comesaña, pasando á gasolineira.
Xeolocalización
42.19933632120319, -8.75569553027406
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

MONUMENTO MÉNDEZ NÚÑEZ
O segundo agasallo resultou ser unha mazá con becho que chegou ao pouco de colgarlle ao Alemán: un WhatsApp de Leo informábame de que tiña algo gordo que contarme. E que prefería dicirmo en persoa. Agardaba por min na Alameda xunto á estatua de Méndez Núñez, á beira da comisaría.
Xeolocalización
42.23945409000837, -8.722392293248634
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

ESTACIÓN MARÍTIMA
Era cedo. O paseo da Estación Marítima aínda non fervía de cruceiristas na procura do mellor recuncho para un selfie. A esa hora o Boudicca enfiaba sen présa a bocana da ría e o pequeno bote do práctico cuspía gasóleo rumbo á súa cita diaria tocando a súa pesada sirena. Salvo por un caneco farrapento que adurmiñaba sobre un banco xunto ao monumento homenaxe a Elduayen e o habitual empregado da limpeza municipal, poderiamos dicir, sen ánimo de atribuímos a cita, que a rúa era nosa.
Xeolocalización
42.241793876368725, -8.728017802077881
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

CLUB NÁUTICO
Argos, quizais co mesmo sentimemo de propiedade que me asolagaba a min, ou para celebrar o seu regreso, decidiu que esa mañá ía estender o seu territorio ata o mesmo Club Náutico. E non ía ser eu quen lle quitase a ilusión.
Xeolocalización
42.24165664318592, -8.724486572412875
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

BOUZAS
Deixeille uliscar un par de traseiros no paseo da praia antes de volver metelo no coche e dirixirme cara ao enderezo do pano, unha casa de pedra restaurada na zona vella da antiga vila de Bouzas, hoxe rebaixada, sen máis motivo que o xeográfico, a simple barrio dunha cidade preeira e desmedida.
Xeolocalización
42.226391690739405, -8.754436907651353
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

CALVARIO
Tardamos unha media hora no coche desde O Calvario, na zona alta da cidade, ata a rúa doutor Corbal, no barrio costeiro de Teis. Os tres estabamos excitados. Rimos, choramos e mesmo ladramos. A vida enteira pasou por esa media hora.
Xeolocalización
42.23099877864691, -8.703344498278248
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores
Sinopse
Carlos Manso é un inspector de policía desencantado tras vinte anos de oficio polas beirarrúas da sociedade. Un antiheroe en pleno declive persoal que fai do fracaso a súa marca de identidade. Mentres leva a cabo a investigación dunha rede de pederastia, descobre que, no atropelado intento de vencer contra vento e marea, hai xente que comete o erro de confundir a bondade coa estupidez.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2016
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Pazo e capela de San Roque
Rúa Filipinas
Liña 1
San Roque
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.