Zweig, Stefan

Viena 1881 – Petrópolis, Brasil 1942

Foi un escritor enormemente popular, tanto na súa faceta de ensaísta e biógrafo como de novelista. A súa capacidade narrativa, a pericia e a delicadeza na descrición dos sentimentos e a elegancia do seu estilo convérteno nun narrador fascinante, capaz de seducirnos desde as primeiras liñas.

Fotografía: Editorial Alba - web
Texto: Editorial Acantilado

 

Biografía

Fillo dun poderoso industrial, recibiu unha esmerada educación. Durante os seus anos de mocidade percorreu Europa, traballando como tradutor e colaborando en distintas publicacións. Cando estalou a Primeira Guerra Mundial, manifestou a súa posición pacifista. Ante a implantación cada vez maior das forzas nazis en Austria, emigrou a Londres. Da súa produción literaria destacan Cuerdas de plata, un exemplar onde reúne a súa poesía, e novelas como  JeremíasAmok, El jugador de ajedrez ou La confusión de los sentimientos. Tamén escribiu as biografías dalgúns dos personaxes máis grandes da literatura como Dickens ou Balzac.

Bibliografía: Casa del libro

Parada bibliográfica

Diarios Stefan Zweig Mapa literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

Diarios

Diarios de Stefan Zweig comprenden preto de trinta anos da vida do escritor, e pola súa espontaneidade é un documento insubstituíble, ademais dun gran contrapunto á súa autobiografía El mundo de ayer. As páxinas deste volume, a miúdo ditadas pola urxencia do momento pero tan lúcidas como os seus textos máis elaborados, descóbrennos o día a día do escritor en Viena, París, Zúric ou Berna—onde cultivou a amizade doutros intelectuais, como *Émile Verhaeren, Romain Rolland e Rainer Maria Rilke—, ou a fascinación que lle produciron dúas cidades americanas como Nova York e Río de Xaneiro. Pero tamén nos revelan o íntimo horror que supuxo para Zweig a Gran Guerra e, dúas décadas despois, a deriva totalitaria e antisemita do continente e o ascenso do nazismo, que o empuxaron a buscar desesperadamente un refuxio lonxe do descorazonador afundimento de Europa. Estes diarios bríndannos unha vez máis a voz do gran cronista do El mundo de ayer, que en moitos momentos parece seguir revelándonos o de hoxe e talvez mesmo o de mañá.

Editorial en castelán

Editorial Acantilado

El mundo de ayer Stefan ZweigMapa literario de Vigo Biblioteca Neira Vilas

El mundo de ayer

É un dos máis conmovedores e atractivos testemuños do noso pasado recente, escrito ademais con man mestra por un europeo empapado de civilización e nostalxia por un mundo, o seu, que se ía desintegrando a pasos axigantados. Escritor extraordinariamente popular e testemuña de excepción dos cambios que convulsionaron a Europa do século XX entre as dúas guerras mundiais, Zweig lembra, desposuído e en terra estraña—nunhas circunstancias persoais de insospeitado dramatismo—, os momentos fundamentais da súa vida, paralela en moito á desmembración daquela Europa central que se quería máis libre e segura, ao abrigo da tolemia e a tormenta. O resultado é un libro capital, un dos mellores de Zweig e referencia inescusable para entender os desvaríos dun século devastador.

Editorial en castelán

Editorial Acantilado