sen piedade
Feijoo, pedro
Editorial Xerais
Localizacións

BOUZAS
Seguiamos avanzando, rodando en silencio e instalados nunha especie de tensión incómoda, cando o coche comezou a descender en dirección a Vigo. Un pouco antes de chegar ao novo hospital , Gordo tomou a saída da rotonda que baixaba cara a Bouzas.
Xeolocalización
42.226391690739405, -8.754436907651353
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

MERCADO MUNICIPAL DE BOUZAS
Rematada a circunvalación, Gordo continuou conducindo en dirección ao centro da vila. Na rotonda do mercado virou á dereita e avanzou cara ao máis fondo do barrio. Pasamos pola rúa do Santo Cristo, ou pode que fose a de San Miguel, non o sei. Eu o único que sei é que Bouzas é un labirinto de pedra con nomes de santos por todas as partes e rúas pechadas coma puños. Pero a pesar das esquinas imposibles e dos pasos estreitos, o meu amigo seguiu conducindo o Charger con absoluta seguridade.
Xeolocalización
42.22525889591029, -8.752140573086477
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

SANTA ANA
Metidos nas angosturas da rúa de Santa Ana, Gordo seguiu avanzando lentamente ata deter o coche diante do número 10.
Xeolocalización
42.22531215758705, -8.754609174939391
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

RECHEO DE BOUZAS
E, aínda que con dificultade, tamén cabe algo da luz do mediodía que entra pola fiestra ao fondo, un par de follas de cristal sucio con marco de aluminio gris, desde a que se ve o mar máis alá do recheo de Bouzas.
Xeolocalización
42.23317462445047, -8.746406962206356
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

CEMINTERIO DE COIA - NAVIA
Chegamos a Vigo logo dun rodeo eterno, baixando desde os montes de San Andrés, e seguimos avanzando por rúas sen almas ata o barrio de Navia. Alí, na enorme rotonda por detrás do cemiterio de Coia, collemos en dirección norte e, baixando cara ao mar, comprendín cal sería o noso destino. Atravesamos as brumas de Bouzas en silencio e, no canto de meternos no labirinto de pedra, ao pasar o mercado esta vez continuamos avanzando cara ao porto. No remate da circunvalación, o coche virou á esquerda e fixo un cambio de sentido para desviarse no primeiro ramal.
Xeolocalización
42.21355529717111, -8.75227788659219
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns
Sinopse
Podería contar moitas cousas daqueles dous días. Pero supoño que agora o único que importa é que Gordo era o meu mellor amigo, e que eu estaba fodido coma nunca. Porque ela xa non quería saber nada de min. E eu queríaa, maldita sexa, queríaa. Por riba das cidades, por riba das autoestradas, por riba do mar e das estrelas, eu estaba tolo por ela… Pero agora non parecía disposta a escoitarme.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 09
Navia – Zamáns
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2018
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Cemiterio San Miguel de Bouzas
Liña 5
Navia
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.