Lúa do Senegal
Fernández Paz, agustín
Editorial Xerais
Localizacións

BERBÉS
O barrio atópase na parte antiga da cidade, onde antes vivían os mariñeiros, aínda que agora está ocupado en boa medida por xente traballadora e por inmigrantes coma eles. Hai moitos anos, o mar chegaba ata alí mesmo e os barcos fondeaban no espazo que agora ocupa a praza de cemento. A cidade foi expulsando o mar, gañándolle cada vez máis terreo, ata deixalo lonxe, máis alá do enorme porto que comeza a pouca distancia da praza.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

JULES VERNE
—A carón do peirao hai unha estatua de Jules Verne sentado sobre un polbo xigantesco. Quero que fagamos unha foto os catro arredor da estatua. E logo tamén podemos sacar outras nos xardíns ou preto do mar.
—¿É un polbo de verdade? -preguntou Naima.
—Non, nena, ¡que vai ser! A estatua é de bronce, como a de Léopold Senghor que había preto da nosa casa.
Xeolocalización
42.241487919380596, -8.722903502077878
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo. Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 08
Príncipe – Berbés
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2009
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Monumento a Jules Verne
Náutico de Vigo
Escultura José Molares
Liña 8
Monumento a Jules Verne
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.