A vinganza dos homes bos
Esteban, Manuel
Editorial Xerais
Localizacións

MONUMENTO A VERNE
Monsieur Verne está sentado, deixando descansar a man dereita sobre a perna e suxeitando un libro na esquerda. Mira ao lonxe, coa cabeza erguida, dando a impresión de que esa ollada serena é quen de atravesar os muros do tempo para albiscar un futuro prometedor. Baixo a figura do vello escritor asoman os catro xigantescos tentáculos dun kraken sometido á súa poderosa vontade.
A escultura que teño en fronte da galería da casa é fermosa e transmite optimismo, fe na humanidade, pero eu levo ao lombo xa moito escarmento e non podo apartar a vista do monstro. Que lle vou facer. Son así de revirado.
Xeolocalización
42.241487919380596, -8.722903502077878
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

IGREXA DE LAVADORES
Subimos cidade arriba ata un pequeno local xunto á igrexa de Lavadores, por detrás da Escola Oficial de Idiomas. Alí traballaba Lorena Sella, a directora da asociación local para a síndrome de Down, onde un cento de persoas teimaban a diario en demostrar a súa humanidade.
Xeolocalización
42.227432367188364, -8.697015495546824
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

HOTEL BAHÍA
Antes de subir á casa fixen dúas paradas: na farmacia a mercar omeprazol e ibuprofenos, e na cabina de teléfono que aínda resistían fronte ao hotel Bahía, como o vestixio intemporal dunha civilización afundida. Tiña un aire comigo: obsoleta e inútil a maior parte do tempo, pero capaz de facer algún apaño de cando en vez, coma cando tiña que poñerme en contacto co irmán de Galván.
Xeolocalización
42.24033025138521, -8.725674915413746
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

TEATRO GARCÍA BARBÓN
O can e máis eu subimos ata a rúa Darío Álvarez, no lateral do Teatro García Barbón, e na metade da costa xiramos cara ao calello dos Caños, un simple espazo entre dous bloques que nin rúa se pode chamar, máis ben unha zona de servizo por detrás dos edificios modernistas que o rodean. Alí, no medio da canella, estaba Belías, oculto entre os colectores de lixo, agardando por nós […]
Xeolocalización
42.23805915663334, -8.723404744263311
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

ALAMEDA
Do outro lado da porta non atopamos un escuro canellón, como cabía imaxinar, senón a terraza dun local de moda, onde turistas e parellas consultaban os seus móbiles arredor de xerras de cerveza e copas de viño. Estabamos en Joaquín Nogueira, unha traveseira sen saída da rúa Victoria, xunto á Alameda. Ninguén se fixou na nosa milagreira aparición, e xirei a cabeza para contemplar a parede que tantas veces ignorara, sen preguntarme a onde daba esa pequena porta de madeira enmarcada por un mural, pintado na parede, que simulaba a entrada a unha igrexa ou un castelo. Sempre pensara que formaba parte do decorado da propia taberna, sen decatarme de que, en realidade, era xusto ao contrario, e o local era a tremoia.
Xeolocalización
42.23945409000837, -8.722392293248634
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

IGREXA DE SANTIAGO DE VIGO
—Se quixese facer iso, xa estarías ho hotel hai tempo.
Non estaba seguro de que iso fose certo, e non sei se Belías deu por boa a fanfurriñada, porque contestou con outra aínda maior.
—Sabes que non che serviría de nada. Agrado xunto á igrexa de Santiago de Vigo. Non tardes. Se non estás en media hora, marcho.
Xeolocalización
42.237048258923615, -8.717943788488787
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

ROSALÍA DE CASTRO
Sacudimos a terra da roupa e saímos do aparcadoiro pola escaleira, como dous veciños máis. Tiven que reprimir o pulo de asubiar coma quen disimula mentres cruzabamos o portal dun edificio da rúa Rosalía de Castro, mergullándonos de novo nunha cidade que non detiña a súa actividade coa chegada da noite, nin semellaba estrañada pola nosa aparición inesperada.
Xeolocalización
42.23792877657647, -8.71769285526579
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

AREAL
[…] Toquei a dobre cicatriz da caluga para lembar que todo aquilo non era un xogo. Que o perigo era real. E, como para confirmar a premonición, un zeta apareceu de improviso, xirando lentamente na rotonda, dobrando cara ao Areal, facendo deterse bruscamente a Belías e xirarse sen previo aviso cara ao escaparate dunha tenda de lenzaría.
Xeolocalización
42.23911236949427, -8.715359115413825
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

ILLAS CÍES
[…] Belías escoitaba afincado na varanda da galería, co can topeneando no chan e os ollos inquedos postos na sombra das illas Cíes, talvez imaxinando que se trataba doutras illas, varios miles de quilómetros ao sur.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

AS AVENIDAS
Olinda gobernaba como unha vella raíña exiliada no edificio das Avenidas. Un inmoble acabado coma o demo que aguantaba, coma ela, os embates do mar aos seus pés, inzado de doenzas pero firme coma un faro. A néboa, reptando desde a ría ao abrigo da noite, caía rendida contra o muro depedra das súas paredes, dun granito arrincado da terra nos tempos en que a montaña aínda era nova e o mar salvaxe.
Xeolocalización
42.232139200297446, -8.731232735573533
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

GARCÍA BARBÓN
Asentiu. Saquei un pito e pedín permiso. Volveu asentir. Acendino e, mentres o fume quente ocupaba o inmenso baleiro que aniñaba no meu peito, unha dor vella e familiar decidiu sumarse a aquela multitude que nos rodeaba.
—Coñeces a Travesía de Alfonso XIII? Xusto por detrás de García Barbón?
—Si. —Fíxolle un xesto a un dos axentes para que anotase as miñas indicacións.
—Entre a rúa e o acceso á autorestrada hai un pequeno descampado. Alí atoparedes a entrada dun vello túnel. O túnel do Peixe, creo que se chama.
Xeolocalización
42.236597190000076, -8.71651567325731
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz
Sinopse
Libro sobre a culpa, que medra como carriza, desfacendo a pedra máis forte. Sobre o valor necesario para ser covarde. Sobre as palabras que son capaces de rachar as armaduras máis feroces. E tamén sobre as palabras capaces, mesmo, de matar. Palabras sinxelas, como, por exemplo, «perdón». O exinspector de policía Carlos Manso anda detrás dun asasino, pero non do que a el lle gustaría.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2020
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Igrexa de Santiago de Vigo
Rúa de García Barbón
Liña 6
Santiago de Vigo
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.