PRESENTE CONTINUO
Reimóndez, María
Editorial Xerais
Localizacións

AREAL DE SAMIL
Artellando os sons
comecei a falar unha lingua nova
na que agora se derrete
o sabor picante das especias
e a dozura simpre e ruda
das filloas.
(…)
O meu abecedario
a muralla de Lugo
Samil e o mar de Karaikal.
Xeolocalización
42.20925241059118, -8.776423145624376
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

VIGO
Miro as chaves da casa
a miña táboa de salvación
tan pequena.
Entendo de sócate a tolemia
cando o mundo do arredor
non entende o mundo
que vai por dentro.
En Vigo zoa o aire
e séntome libre
Xeolocalización
42.24324202131156, -8.719074965769648
Liña literaria
C Liña Circular - Vigo

ILLAS CÍES
pola noite
as voces das nenas
cóntanme historias
que me fan chorar.
ás que xa coñezo
agora botáronlles enriba
toda a auga do mar.
diante doutro mar, o mesmo mar
á fin sento fronte ás cíes
sabendo que a culpa non é túa.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

AREAL DE SAMIL
naquela praia
había unha cinta rota
de música
que toquei cos meus dedos
por sacarlle un son
que non fosen
as voces mortas
do alén.
hoxe só soa
o ledo e despreocupado lecer
dun día de sol en Samil.
Xeolocalización
42.20925241059118, -8.776423145624376
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas
Sinopse
presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo. Mais se cadra hai xeitos de apreixalo, de abrazalo, de entendelo nun contexto. A través dos ecos de gravacións, que foron nun momento o inmediato e que de socate volven e forman ondas novas de presente.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2013
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Illas Cíes
Areal de Rodas, lago dos Nenos
Liña 10
Illas Cíes
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.