Pangalaica
souto, Xurxo
Editorial Galaxia
Localizacións

BERBÉS
Eran os derradeiros anos da súa vida. Urbano Lugrís, pintor submarino, na alta madrugada buscaba agarimo na Guinda, agocho de bohemios na Ribeira do Berbés. Entrada restrínxida só a aquelas persoas que soubesen petar na porta cun preciso golpe de cotenos.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

TEIS
Dende os ollos do mar, Vigo e A Coruña son a mesma cidade. Ao barco que cruza o Atlántico dalle o mesmo facer gasóleo no Muro que no Berbés. As mesmas persoas, familias das aldeas que buscamos traballo na ribeira. Unha rapaza dos Castros é cuspidiña a un mozo do Calvario. E un obreiro de Teis, cuspidiño a unha obreira de Labañou.
Xeolocalización
42.25241651356234, -8.695844345184222
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

BOUZAS
Un día o señor Francisco Veiga do Pazo entrou en Bouzas co barco cheo de pescada miúda. Cadrou que habia un cartel do loro Zé Carioca no cine Maravillas. Colleu unha presa de peixe e berrou “mirade como se reviran, parecen cariocas”. E caríocas de nome lles quedou.
Xeolocalización
42.226391690739405, -8.754436907651353
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

BERBÉS
Os Diplomáticos necesitabamos dedicarlle unha peza -porto dos portos- á Ribeira do Berbés. Mais non eramos quen de armar unha melodía o suficientemente poderosa, así que acudimos a versión dun clásico: “Belfast” do conxunto Boney M.
Xeolocalización
42.23772571951664, -8.729228088430586
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
O 17 de marzo de 2020, Xurxo recibe a chamada de María Obelleiro, directora de Nós Diario
A pandemia paralizou a actividade cultural. Pídelle que durante uns días escriba un pequeno texto para ocupar o espazo que deixou a axenda.
É a escusa que precisa. Ao día seguinte aparece “Haberá primavera!”, a primeira entrega dunha longa serie —seis meses de petiscos literarios— para construír toda unha cosmovisión. Persoas e historias marabillosas que foi coñecendo, dende que, hai trinta anos, comezou a percorrer o país co primeiro disco dos Diplomáticos de Monte-Alto, Arroutada Pangalaica.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña C
Circular – Vigo
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2020
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
O Berbés
Ribeira
Liña 8
O Berbés
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.