Buscando a Clara

Porteiro, maría xosé

 

Editorial Elvira

Localizacións

Monte Vixiador Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PARQUE FORESTAL D0 VIXIADOR

O parque forestal do Vixiador estaba cuberto pola néboa. Subira a pé desde a parada do Vitrasa e lavaba no carro da merca a urna onde ficaran as cinzas da súa avoa.

Xeolocalización

42.251755366974365, -8.650407744685902

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Igrexa do Carme. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

IGREXA DO CARME

Mariña faleceu sen decirlle a súa filla como quería que lle fixesen a despedida, mais cando xa estaba inconsciente pola sedación, Helena chamou ao párroco da igrexa do Carme que está a carón do sanatorio de Nicolás Peña, habitual visitador para dar a extrema unción a quen o demanda.

Xeolocalización

42.22386488869215, -8.73141545818041

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

A Madroa. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

A MADROA

Mariña quedara co seu amigo Cristovo para ir apañar ourizos ao monte da Madroa. Estaba a chegar o outono, e viña moito frío.

Xeolocalización

42.24994585488178, -8.676533002061417

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Fábrica Álvarez, Santa Clara. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

SANTA CLARA

Mariña conseguira entrar como operaria na fábrica de cerámica que Moisés Álvarez viña de crear na parroquia de Santa Clara, en Cabral.

Xeolocalización

42.22652539346606, -8.6761366020783

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Bouzas Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

BOUZAS

Na casa familiar seguían falando de «ir» a Vigo cando collían o tranvÍa que pasaba polo centro urbano até Bouzas. Cristovo atopou traballo na Lonxa para descargar as pesadas caixas de peixe que traían os barcos de pesca e cargalas en camións que saían ben cedo para os mercados madrileños.

Xeolocalización

42.226391690739405, -8.754436907651353

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Porto de Vigo Mapa literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

LAVADORES

Os barrios onde naceran xa non pertecían ao Concello de Lavadores.

Xeolocalización

42.22656442754392, -8.695558542364664

Liña literaria

01 Liña Cabral – Lavadores

scolas Nieto, Ramón Nieto. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ESCOLAS NIETO

Tiveron que pasar algúns anos até que conseguiu emprego como conserxe nas Escolas Nieto, de Cabral, nun edificio diferente ao resto das construcións da calzada, macizo de pedra granítica e aspecto impoñente. Cristovo aprendeu moito na súa etapa naquel centro onde se mantiña unha discreta tradición republicana, malia a vixilancia e control da ditadura. O sangue era vermello nas veas dunha escola que se creara cos cartos chegados da emigración americana.

Xeolocalización

42.22986721755379, -8.686438800084693

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Asociación Pardavila Mapa literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

PARDAVILA

Gumersindo foi vivir a Pardavila, a carón da que fora a Sociedade Recreativa e Cultural. Fuxía do seu pasado, pero ía sempre coa memoria disposta para sementar nas xeracións máis novas os ideais de xustiza e liberdade.

Xeolocalización

42.23022727814885, -8.693387500458664

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Río Lagares. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

RÍO LAGARES

Seguían a vivir en Candeán, a carón da travesía da Devesa desde onde tiña que baixar as empinadas costas que comunicaban aquela zona elevada coa parte baixa que deixaba ver o río Lagares ao seu paso por Cabral, para subilas xa a noite. Sempre ía acompañada por un aquel de medo.

Xeolocalización

42.215612538567875, -8.706096557175293

Liña literaria

01 Liña Cabral – Lavadores

Bodegas Bandeira Manuel Esteban A ira dos mansos Álvarez Mapaliterario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas Concello de Vigo

INSTITUTO DO CALVARIO

O seu último mozo tocaba a batería nun grupo da Movida que formaran varios amigos que coincidiran estudando o bacharelato no Instituto do Calvario. Non chegaron a trunfar, mais pasábano ben acudindo a canto concerto se puxese por diante, ás veces para tocar, outras  só por compartir, beber, fumar …

Xeolocalización

42.29587255206753, -8.735237036518514

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Mámoa Casa dos Mouros Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

MÁMOA DE CANDEÁN

Ves aquelas pedra grandes de alí? O meu pai dicía que lles chamaban a «Casa dos Mouros», pero souben que non necesariamente se referían a xente procedente da Mauritania. Queda con esta idea recalcaba, son vestixios dunha era anterior á aquela na que a humanidade foi quen de escribir o que acontecía ao seu redor. Proceden do Neolítico, na Prehistoria […]

Clara medraba algúns centímetros poñéndose sobre as puntas dos pes; non podía deixar de ollar para unha construción máis alta ca o propio pai, algo encollido polo peso dos sufrimentos pasados. Xamais esqueceu aquela composición de cinco inmensas e pesadas laxes colocadas verticalmenre formando un cono no que se apreciaban restos de terra e vexetación. O pai deulle permiso para se deitar no chan. Enriba do punto de encontro das laxes, asomaba un anaco de ceo.

Xeolocalización

42.24471793810546, -8.672976630876043

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Sinopse

A novela Buscando a Clara desenvólvese nestes espazos máis afastados do centro da cidade, nos que o pasado agrario adoita ter un papel predominante, onde os soutos, os regatos, os lavadoiros e a paisaxe se mesturan coas personaxes protagonistas, de tal xeito que deixan unha forte pegada na súa personalidade.

As protagonistas transitan desde un xeito de vida agrario a un xeito de vida urbano, dun mundo real a un mundo máxico, na procura de novas identidades e relacións, pero fachendosas das súas orixes ancestrais.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña C

Circular – Vigo

Liña Especial
b

Editorial

Edición en galego

Editorial Elvira

1ª edición

2019

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Mámoa Casa dos Mouros

Candeán

Liña 1

Mámoa

Citas literarias

Licencia editorial otorgada por Editorial  Elvira.

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar