Antón e os inocentes

Méndez Ferrín,

X.L.

 

Editorial Xerais

Localizacións

Adro de Bouzas. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ADRO DE BOUZAS

O caso é, Narda, que meu pai amenceu un día exergando no adro de Bouzas o repinicar xeitoso do zapato baixo de Rosa de Coia, sobor das lousas, un día de festa, retumbando baixo as bóvedas mariñeiras da igrexa a voz do crego trunfante, mesturándose as sirenas dos vapores ao rebumbio da escuma no praial. Renaceulle a alma e unha alma de ferro sustituíulle os músculos amolecidos por caldos e por cama. Sentados os notables, os armadores, grosos e queimados do sol, en sillóns de bimbio, á porta do Casino de Bouzas, a festa empavesada de insignias, atracada, acodada, os fogos estoupando e lanzando verdes eléctricos, clarísimos soles.

Xeolocalización

42.22567766090858, -8.754446673242295

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Club Náutico de Vigo. 100x100experimental.com

CLUB NAÚTICO

Narda, daquela, comprobou que el a tiña, á súa vez, observado e achacou, sentíndose moi contenta, o rubor á satisfacción e vergoña que lle producía a súa presenza, e, ao tempo que pensaba e vía a confusión de Alberte, notou que a ela tamén lle saían as cores e, sentíndose rídícula, avanzou polo paseo central da Alameda, en dirección ao Club Naútico.

Xeolocalización

42.24165664318592, -8.724486572412875

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Barrio do Calvario. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CALVARIO

Coñecera a Alberte Fernández Comesaña dun xeito notábel. Ocorrera que, naquelas datas, Narda, por ter suspendido o grego e o latín, acudía cada tarde á Biblioteca Municipal. Isto dáballe ocasión de abandonar a casa ás cinco, coller o tranvía, baixarse no Calvario e descer lentamente a longa rúa de Urzáiz, gozando co sol contra dos ollos,…

Xeolocalización

42.23099877864691, -8.703344498278248

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Bouzas Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

BOUZAS

E por qué el, un rebezo, unha garduña, ten que pasar na cama a guerra, antre o irse e o ficar no mundo, mol e branco, faixado de escapularios, notando que o mundo abala e se vén abaixo? E por qué, en virtude de qué, pasa a Bouzas (Vigo), capital da carcuncia?

Xeolocalización

42.22418323629559, -8.656734970658936

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Porto de Vigo Mapa literario de Vigo Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas

CABRAL

Coma quen sabe o seu, cun olfato especial, o meu pai fixo unhas viaxes, el soio, a Vigo. Sei que contorneou as factorías de Cabral, falou no Sello con homes, mediaron chanqueiros e comidas. Alzouse a casiña, antre outras moitas, no bairro sen urbanizar, embeleñado de camiños, antre leiras e millos, semi-rural e verde, tan fremoso.

Xeolocalización

42.22418323629559, -8.656734970658936

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Parroquía de Candeán

CANDEÁN

Desencadeábanse dos cómaros sombras de homes, como en Vilanova, pero centos, maís tristes, máis agudas, dende Candeán, Puxeiros, Lavadores. Tamén mulleres, desafiantes e duras, camiño da fábrica, dos míseros salarios e da infalíbel enfermedade. Eu. Tomaoa, xa sabes 7 o tranvía na mañán, cara ao Instituto, e un mundo novo e acedo, o proletariado industrial, revelábaseme nos compañeiros de viaxe.

Xeolocalización

42.22418323629559, -8.656734970658936

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Cruce de Choróns. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CHORÓNS

Trembeleaba, trastumbeaba o seu corpo, co tranvía nos dous pontos queixándose coma un gato de ferro pola costa dos Choróns, a man na roda do freo, as pernas ben abertas sobor da plataforma traseira.

Xeolocalización

42.231686356885604, -8.709080411401509

Liña literaria

03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

Río Lagares. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com<br />

RÍO LAGARES

Xosé Fernández Pampín, pasado por augas mortas, quere, quixo, aquiesceron naturalmente, a Rosa Comesaña Freiría, de puras liñas quebradas de ex-labregos, tendeiros, tras municións solemnes, universais proclamas, segundo ditames, actas burocrárico-talmúdicas de Trento (vento de saias, pensamento antre reixas, broslados, medo ao home cabal, remoídos texto sobre texto, ferro e cadeas prás herexías), na igrexa parroquial de Coia sobrevoada por gavotas baixas en percura da miñoca nos prados do Lagares, co armonium fumegando unha queixa furmiguenta e sen senso.

Xeolocalización

42.21767572089835, -8.726946708349482

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Monte de A Guía. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

MONTE DA GUÍA

Lembraría o pantalón vaqueiro, as andalias abertas, o nique negro del, tamén o pitillo de Ideales marelos antre os beizos, o tupé loiro, os ollíños piscos, a posición ladeada da cabeza, que enfocaba, con absorción, o monte da Guía antre os ramallos, e unha sorte de cortadura doce e dorosa abriríase no seu peito, coa evocación do tempo de antano, coa visita terríbel dá persoa que fomos e morreu nunha curva da vida.

Xeolocalización

42.25676250576314, -8.702584034336262

Liña literaria

04 Liña Travesía - Teis

Areal Samil Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

AREAL DE SAMIL

Sei, Narda. Arrexuntábanse, entón, moito, na varanda de cimento da praia de Samil, senlleiros. Arrexuntaban moito as cabezas.

Xeolocalización

42.20925241059118, -8.776423145624376

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Ribeira do Berbés. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

RIBEIRA DO BERBÉS

Andando a modiño, fóronse achegando á Ribeira do Berbés, e Alberte, Bertoxa pra Narda, faloulle longamente de si, da súa familia, do mar.

Xeolocalización

42.23772571951664, -8.729228088430586

Liña literaria

08 Liña Príncipe – Berbés

Areal do Cocho das Dornas. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AREAL DO COCHO DAS DORNAS

Todo comenzaba cun paseo, coma tal por Samil, polo Cocho das Dornas. Ollaban entón as dunas, o argazo estrando a praia, a desolación marítima que os aterecía.

Xeolocalización

42.21884642524033, -8.777248928771126

Liña literaria

05 Liña San Miguel - Bouzas

Rúa do Príncipe Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRÍNCIPE

Disto, e doutras cousas, non falaban os ledos mozos cando o tranvía os deixaba en Urzáiz, pra inda daren unhas voltas por Príncipe, ata as dez. Falaban de James Dean.

Xeolocalización

42.23703431895109, -8.722784702078062

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Sinopse

Aparecida por primeira vez en 1976, a novela Antón e os inocentes segue a nos interpelar na contemporaneidade. Unha escrita hábil e desbordante é a responsable de encher as que, segundo Ferrín, son as súas «páxinas máis exactas, duras e esixentes». Narda e Berto conflúen no Vigo proletario e convulso da década de 1950. Desprégase sobre eles unha tormenta; Antón e a ferida impronunciable dun conflito latente. Este libro é a historia de dous mozos que emprenden unha viaxe cara ás sombras da que é imposible regresar.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 04

Travesía – Teis

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña C

Circular – Vigo

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

1976

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Fábrica de Santa Clara

Barreiro – Cabral

Liña 1

Fábrica de Álvarez

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar