vicvs: un lugar común

luaces, beto

 

Editorial Bolanda

Localizacións

Parroquía de Candeán

CANDEÁN

Estaban na noite do 24 de decembro de 2012, Noiteboa na casa dos Barreiro, en Candeán, no arrabalde rural da cidade de Vigo.

Xeolocalización

42.22418323629559, -8.656734970658936

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Praza da Constitución Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA CONSTITUCIÓN

Roi era o seu socio no estudio de arquitectura que tiñan na Praza da Constitución, en pleno Casco Vello vigués.

Xeolocalización

42.238614369120604, -8.726020002077933

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Peirao transatlánticos, estación marítima. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ESTACIÓN MARÍTIMA

E chegou o día, e unha mañanciña fría de xaneiro de 1954, os dous amigos estaban ancorados na enorme explanada da Estación Marítima de Vigo. Diante deles agardaba atracado o New Holland, un gran paquebote da Real Mala Inglesa preparado para cruzar o Atlántico, […]

Xeolocalización

42.241793876368725, -8.728017802077881

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Castelo de San Sebastián. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CASTELO DE SAN SEBASTIÁN

Freou de novo e decatouse de que non o sabía. Tanto lle tiña, pensou e recuncou nos andares, o seu domicilio estaba na última casa da Subida ao Castelo.

Xeolocalización

42.23702027565719, -8.726600615569975

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Cesteiros. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

CESTEIROS

Alegrouse, non chovía. Camiñou pola rúa dos Cesteiros e despois, pola da Oliva. Non era esta a traxectoria máis directa, mais el pretendía dar un paseo antes de entrar no novo estudio que hoxe renacía.

Xeolocalización

42.239090060269284, -8.726332783159364

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Rúa Funil. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

FUNIL

Os irmáns quedaron para xantar no Lar da Carmela, unha tasca típica da rúa do Funil, no Casco Vello. O mesón enxebre era frecuentado decote por fauna local e rara vez por algún guiri despistado.

Xeolocalización

42.2391455710063, -8.72700053091398

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Paseo de Alfonso XII. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

PASEO DE ALFONSO XII

Baixou a rúa de Santiago, cruzou o Paseo de Alfonso e desembocou na rúa dos Poboadores, apurou os andares na rúa dos Perigos e demorouse na praza rectangular dedicada a Eduardo Chao. E despois de esquivar varias canellas escuras e inzadas de gatos, chegou á rúa Alta, a sede do estudio.

Xeolocalización

42.23651621673926, -8.728235144405966

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Ferrería, zona vella. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

FERRERÍA - CAT

Abrigouse e comezou a andar, pasou por diante do CAT, o Centro de Artesanía Tradicional e barallou a posibilidade de se matricular nalgún curso, agora que estaba de novo solteiro non lle había de vir mal ocupar algunha tarde e sobre todo, coñecer xente.

Xeolocalización

42.2381989764273, -8.727100231663186

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Teófilo Llorente, Casco Vello - zona vella. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

TEÓFILO LLORENTE

Apenas dez minutos, despois de deixar atrás o seu domicilio, accedeu á rúa Teófilo Llorente e entrou pola porta principal do mercado do Berbés, que antigamente e por causa do nome da praza onde estaba radicado, se denominaba Praza dos ratos.

Xeolocalización

42.23951054054465, -8.727583615569811

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Castelo de San Sebastián. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CASTELO DE SAN SEBASTIÁN

Limpou logo a suor da fronte, ergueu a vista, divisou os restos do Castelo de San Sebastián e iniciou o breve camiño para ao interior da vivenda. Mentres camiñaba, recordou que o devandito castelo e as súas murallas eran o primeiro e senlleiro avance no desenvolvemento moderno da cidade.

Xeolocalización

42.23702027565719, -8.726600615569975

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Mámoa Casa dos Mouros Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

MÁMOA DE CANDEÁN

O vehículo de Senén non paraba de rubir desde que partira do Casco Vello e cando accedeu á estrada da Madroa, o desnivel empeorou. Tomou a derradeira curva elevada e un cartel indicoulle que a escasos metros estaban as Mámoas da Madroa, a maior concentración de túmulos funerarios da cultura castrexa en Vigo.

Xeolocalización

42.24471793810546, -8.672976630876043

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Rúa Trinfo, zona vella. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

TRIUNFO

Xa fóra da cafetería, Senén atravesou a praza no medio dun potente chuvasco. Baixou a rúa do Triunfo, deixou a un lado a Colexiata e penetrou na rúa Real.

Xeolocalización

42.23899597237395, -8.72598977727183

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Hospital Xeral Cidade da xusticia Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

HOSPITAL XERAL

Apenas pasaran dez minutos desde que recolleran o ferido, na serra do Suído, e ao pé do aparello xa agardaba unha ambulancia medicalizada, para recollelo e trasladalo ao Hospital Xeral, en pleno centro da cidade.

Xeolocalización

42.23074491977528, -8.716604069330248

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Politécnico Cíes. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

POLICLÍNICO CÍES

E cando estaba por marchar, enfocou os ollos cara á Avenida de Madrid e reparou no Policlínico Cíes, un pequeno hospital que xacía a escasos metros deste e da autoría do arquitecto Xosé Bar Boo, en 1967.

Xeolocalización

42.22830380089019, -8.717938415570114

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Hotel Bahía. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

HOTEL BAHÍA

Ningún dos dous homes, que nese momento ocupaban a habitación, sabían que o Hotel Bahía era un pestiche herdado dos anos setenta do século pasado. Unha torre de dezasete alturas fincada con violencia no pé máis enxebre do Casco Vello.

Xeolocalización

42.24033025138521, -8.725674915413746

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Rúa Reconquista Oficina de Correos, Praza de Compostela, Alameda

CORREOS

Asiu a caixa como se fose un tesouro, e apurou para se protexer da chuvia. Sen embargo, non puido resistirse a contemplar, de esguello, o edificio da Oficina Central de Correos e Telégrafos. Gustaba moito daquel edificio histórico situado na praza de Compostela, que facía esquina coa rúa da Reconquista.

Xeolocalización

42.23910105733797, -8.723423830913967

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Sereo, Edificio el Moderno Porta do Sol. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

SEREO

Atravesaron a parte alta da zona vella de Vigo, chegaron á Porta do Sol, pasaron por debaixo da estatua do Sireno e accederon á rúa do Príncipe. E por primeira vez en moito tempo, Senén estaba a dar un paseo de maneira relaxada sen mirar para os edificios.

Xeolocalización

42.23807866145648, -8.724926159750089

Liña literaria

02 Liña Casco Vello

Igrexa dos Picos. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

IGREXA DOS PICOS

Arestora, o único que lle importaba era poder ver, máis unha vez e detrás do centro educativo, a Igrexa dos picos, rematada en 1970 e inspirada no seu idolatrado Le Corbusier.

Xeolocalización

42.23246506469922, -8.700207666256036

Liña literaria

01 Liña Cabral - Lavadores

Sinopse

O protagonista é un arquitecto vigués que nun momento transcendental da súa vida vese na obriga de resolver un problema derivado do pasado dos seus pais como emigrantes en Caracas. Alí Senén Barreiro baterá co mundo da emigración galega e cun libro de sona e ben polémico na nosa literatura. De regreso a Vigo, a trama acelérase e xorde a poderosa e descoñecida Serra do Suído.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 02

Casco Vello

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña C

Circular – Vigo

Citas literarias

Luaces, Beto. VICVS: Un lugar común. Editorial Bolanda, 2017. Uso do dereito a cita outorgado polo autor.

b

Editorial

Edición en galego

Editorial Bolanda

1ª edición

2017

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Igrexa dos Picos

Igrexa da Inmaculada Concepción

Liña 2

Rúa Triunfo

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar