Cid, Daniel

Ourense, 1978

Dedícase profesionalmente ao ensino.

Fotografía: arquivo do autor - Antonio Sánchez

Biografía

Na súa experiencia como escritor inclúe tres curtametraxes de suspense, seleccionados e exhibidos en diversos festivais; dúas obras de teatro infantil-xuvenil, representadas en mostras de teatro, e diversos relatos. La gabardina azul é a súa primeira novela.

Bibliografía: Ediciones B

 

Parada bibliográfica

La gabardina azul Daniel Cid Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

La gabardina azul

Roberto espértase aparvado, cunha resaca brutal. Regresou ao inferno do que leva anos tentando escapar. Pero esta vez é distinto. Esta vez é peor. Arrastrado por unhas inquietantes chamadas telefónicas, o protagonista da gabardina azul mergúllase nun mundo poboado de personaxes como Madame La Gorde, Fredo ou Jonás o Príncipe Gitano. Xente á que nunca querería coñecer e á que segue e perséguelle polas rúas de Vigo e os mares nocturnos das illas Cíes. A inicial sensación de perigo conduce ao lector a unha maraña de desaparicións, secuestros e vinganzas que conforman este escuro thriller.

Edición en castelán

Ediciones B