Varela Ferreiro, Alberto

Carballo, 1963

Ilustrador, licenciado en Belas Artes pola Universidade de Barcelona na especialidade de Deseño.

ilustración: Editorial Xerais - Arquivo do autor

Biografía

Actualmente traballa como deseñador gráfico e participa en exposicións, realiza traballos de fotografía dixital e vídeo. Colaborou na súa etapa universitaria en fanzines e revistas como «A Ameixa Cacofónica», «Taka de Tinta», «Gaudeaumus» ou «Trilateral», e logo na revista «Golfiño» (Xerais 2000-2001), onde publicou páxinas do seu heroe Xeixas Jhonson. Foi gañador de diversos certames de deseño e ilustración, como o 1º Premio do concurso do cómic da Universidade Politécnica de Catalunya, o Premio «Continuará» da facultade de Sant Jordi, ou o Premio «Curuxa» do Museo do Humor de Fene. Como autor-ilustrador ten publicados na colección Merlín tres volumes da súa serie infantil «Anamarciana»: «Anamarciana» (Xerais 2000), «Anamarciana.

Vacacións en Europa» (Xerais 2003) e «Anamarciana no Planeta Vermello» (Xerais 2005) e tres álbums na serie Merliño centrados na problemática ecolóxica e medioambiental: «Brrumm-Brrumm» (Xerais 2004) sobre o tráfico e a mobilidade, «Lume!» (Xerais 2007) e «Dona Landra no Río Revolto» (Xerais 2009), ambos os dous protagonizados polo personaxe de Dona Landra. En 2018 publica en Xerais a banda deseñada «Ulf de Jakobsland. Os viquingos en Galicia» e «Wólfram» (2020).

Bibliografía: Editorial Xerais

 

Parada bibliográfica

Wolfram Alberto Varela Ferreiro Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

Wolfram

1939, a Guerra Civil española remata pero un conflito moito máis grande está a piques de estoupar en Europa e no mundo, no que as novas tácticas e as novas armas van facer do volframio un mineral esencial e escaso no planeta. W. C. Morgan é destinado á sucursal de The Anglo South American Bank Ltd. en Galicia. Pero baixo a identidade dun banqueiro agóchase un axente de intelixencia británico coa misión de controlar os movementos nazis na zona, contactar coa guerrilla e iniciar unha guerra comercial que dificulte todo o posible a subministración de volframio á Alemaña do Terceiro Reich. Na viaxe coñece a Molly Morrison, unha intrépida axente norteamericana coa que vivirá moitas aventuras…

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2020

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Liña Circular

Liña literaria

C Liña Circular - Vigo