Roxo, Clara do
Caracas, 1962
Escritora, profesora de escritura creativa e narradora.
Fotografía: Aliteraclara - webBiografía
É autora de varias novelas de literatura infantil e xuvenil A princesiña que conducía una locomotora (Galaxia 2012), A mamá que perdeu as cóxegas (Galaxia 2015) e Sombras no Ensanche (Elvira 2016); tamén é coautora dos libros de relatos para adultos Obras breves de imaxinación (Baía 2011) e Aliterarte (Elvira 2015) e do libro infantil O Libro dos Reis Magos (Galaxia 2012).
Recibiu numerosos premios de relato entre os que se contan o Premio Murguía, Premio Mulleres Progresistas, Premio Vila de Mugardos, Modesto R.Figueiredo ou Manuel Oreste.
É directora de proxectos culturais como a colección Historias para coñecermos Vigo, na que, xunto coa editorial Elvira, ponse en valor a cultura, xeografía e toponimia da cidade viguesa a través de novelas de ficción. É membro do colectivo de narradores e músicos Catroghatos, nos que interpreta relatos da súa autoría con música e interpretación teatral en directo.
Dende o ano 2013 dirixe a súa escola literaria presencial Aliteraclara, especializada en relato, na que fusiona arte e literatura e que imparte nas cidades de O Porriño, Vigo, Porto e Lisboa. A súa máis grande motivación é transmitir ao alumnado a súa paixón pola escritura e a lectura.
Bibliografía: AliteraclaraParada bibliográfica

Sombras no Ensanche
O relato Sombras no Ensanche discorre por rúas cargadas de historia, hoxe centro de negocios e comercial, símbolo de posmodernidade e globalización. A autora, ademais de ambientar a historia nesta zona da cidade, trasládanos a un tempo, pode que non moi afastado, para indagar no modelo de sociedade que estamos construíndo. Describe a cidade dominada, a cidade panóptica, baixo control, pero aínda así orgullosa da súa historia.
Edición en galego
Editorial Elvira