oitocentos
Franco alonso, Xavier
Editorial galaxia
Localizacións

CASTRELOS
—Aquí sempre hai potencial en fondo, ter este circuíto de campo a través en Castrelos tamén é un privilexio para adestrar en condicións —…
Xeolocalización
42.21253366076541, -8.730225601922967
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

AREAL
Saíron do bar e baixaron cara ao Areal, onde David aparcara o automóbil. Tomaron unha rúa que desembocaba na que se dirixían.
Xeolocalización
42.23911236949427, -8.715359115413825
Liña literaria
06 Liña García Barbón - Urzáiz

PRAZA DE AMÉRICA
Subiron por unha avenida ata chegar á Praza de América e logo camiñaron por unha das confluencias e xiraron nunha pequena rúa e entraron nun café.
Xeolocalización
42.220589623218224, -8.732527686734281
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

PARQUE FORESTAL DE SAN MIGUEL
Arrincaron os dous automóbiles e colleron pola estrada de Baiona ata xirar nun cruzamento polo que comezaron o ascenso ata o parque forestal de San Miguel. En pouco tempo subiron a unha altura considerable.
Xeolocalización
42.23651621673926, -8.728235144405966
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas
Sinopse
Unha historia de hoxe. Contar a vida de xente corrente e as súas inquedanzas, emocións, e un dos obxectivos de Oitocentos, a novela de Xavier Franco Alonso.
Os personaxes desta historia, un excorredor de atletismo e o seu grupo de amigos, abalan entre a inestabilidade laboral e a indeterminación persoal. Sen perspectivas no traballo e coa ameaza permanente da soidade pairando sobre a súa vida. Encrucillada vital que o autor vai resolver a través dunha interesante narración dialogada, que se desenvolve en escenas que lembran as dunha película.
A novela de Xavier Franco Alonso avanza cun ritmo narrativo constante, que arrastra ao lector polo efecto duns diálogos que, como no cinema, nos van contando a historia cos palabras dos seus propios protagonistas. Oitocentos fala das dificultades para adaptarse a unha existencia sempre marcada pola inseguridade, condicionada pola necesidade de traballo estable, pola falta de comunicación e ameaza da soidade. A historia iníciase cando un corredor de media distancia volve á súa cidade de orixe logo de decidir abandonar o deporte. Tentará adaptarse á súa nova vida, reestablecer a relación cos seus antigos amigos e atopar traballo, un traballo normal que lle faga esquecer a súa dedicación ao atletismo profesional e que lle permita albiscar un futuro persoal novo.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 06
García Barbón – Urzáiz
Liña 09
Navia – Zamáns
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2004
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Parque Forestal
San Miguel de Oia
Liña 5
Parque Forestal de San Miguel
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.