Carballeira, Paula
Fene, 1972
Animal da especie dos faladores, moi común en zonas de chuvia.
Fotografía: arquivo da autoraBiografía
Como autora de literatura infantil publicou, entre outras, as seguintes obras narrativas: «A percura» (1990); «Robín e a boa xente» (1995); «Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima» (1996); «Mateo» (1999); «Olo-iepu-iepu» (1999); «Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico» (Xerais 1999); «Paco» (2001); «Correo urxente» (2001); «O ganso pardo» (2002); «A era de Lázaro» (2004); «Smara» (2006); «A casa redonda» (2008); «As outras historias» (2011); «Casas» (2012); «O principio»; «A burra Ramona» (2013), «Bruxa e familia» (2017), «Pan con chocolate. A merenda de Gianni» (Xerais 2021) ou «Trece avisos» (Xerais 2022).
Como dramaturga publicou «Boas noites» (Xerais 2007), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007; «Alicia & Alicia» (2010); «Pressing catch» (2010); «A folla máis alta» (2012); «O refugallo» (Xerais 2013), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2011; e «Somos os monstros» (Xerais 2019-2022), Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2018. Ten publicado, tamén, o poemario «Contatrás» (2006).
Bibliografía: Editorial Xerais
Parada bibliográfica

O lobishome de Candeán
Nestes tempos en que xa non se escoitan ouveos a medianoite, en que os lobos visten coma persoas, pero pensan coma animais, ás veces aparecen rapazas mortas, abandonadas no medio do monte. Non hai explicación lóxica posible para iso, máis alá da eterna sede de sangue dos lobishomes.
Edición en galego
Editorial Galaxia

¡Lánzate, Pepa!
Nas illas Cíes vive Pepa, a máis nova dunha familia de corvos mariños moñudos. Un día, Pepa lanzouse a voar cara arriba e non cara ao océano Atlántico, e todos os seus irmáns, todas as gaivotas, os araos paganaios e o resto de animais berraban: “Lánzate, Pepa!”.
Editorial en galego
Ediciones Triqueta verde