amor é unha palabra coma outra calquera
Castro, francisco
Editorial galaxia
Localizacións
LAVADORES
Contoulle que vivía pola zona de Lavadores, ou sexa, nun dos moitos barrios da bisbarra de Vigo, que comprara casa pagando en man a un amigo construtor, e que só quería iso na vida: cartos, cartos e cartos.
Xeolocalización
42.22656442754392, -8.695558542364664
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores

O CASTRO
Ela escribe que si. A cafetería do Castro, no monte do mesmo nome de Vigo. Sabe cal é.
Xeolocalización
42.231076388740114, -8.726103007764035
Liña literaria
07 Liña Venezuela - Camelias

ALAMEDA
Ás sete?, propón ela, non, antes, así aproveitamos algo de luz, di el, e onde queres que quedemos?, el desta volta non dubida e dille que pola Alameda, que así poden pasear, […]
Xeolocalización
42.23945409000837, -8.722392293248634
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

ZONA VELLA
A camiñada empezou pola Zona Vella. Subiron e baixaron rúas. Descenderon ata o Berbés e enchéronselle os pulmóns co recendo agre do peixe arricado ao mar. Seguiron polas Avenidas, abeirados ao Club Náutico.
Xeolocalización
42.239140329742284, -8.727215201394822
Liña literaria
02 Liña Casco Vello
Sinopse
Carla, a protagonista desta novela, organiza a vida arredor do amor, do seu amor, do amor co que vive, do amor que soña, do amor que lle falta. O amor aprendido nas películas rosa, nas cancións melódicas, nas novelas cursis. Carla, en definitiva, organiza a vida arredor de seu home, pero, que acontece cando ese centro de gravidade un día colle a porta e marcha?, e que acontece se, ademais, un cadáver aparece dentro da casa para acabar de darlle a volta a todo? Unha novela de amor contra o amor. Porque amor é unha palabra coma outra calquera. Ou non.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 02
Casco Vello
Liña 07
Venezuela – Camelias
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña C
Circular – Vigo
Editorial
Edición en galego
Editorial Galaxia
1ª edición
2016
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Parque Rivera Atienza
Parroquia de Lavadores
Liña 1
Lavadores
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.
Procurar
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Galaxia, S.A.