ANXOS EN TEMPOS DE CHUVIA

VÁQUEZ FREIRE, MIGUEL

 

Editorial Xerais

Localizacións

Avenida de Castelao. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

AVENIDA CASTELAO

Camiñas en dirección da praia, quizais haxa menos tráfico por alí, quizais haxa menos xente. Ó remate da avenida Castelao, unha vez cruzado o semáforo, botaches a correr pola estrada da praia e non paraches ata chegar a Samil.

Xeolocalización

42.216988354961956, -8.7553056694425

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Barrio de Coia. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

COIA - RÚA MARÍN

Esa mesma tarde achegácheste á rúa Marín. A dous pasos da túa propia casa e aquel era un territorio case enteiramente desoñecido para ti.

Xeolocalización

42.21912614659261, -8.751934417422682

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Alameda de Navia. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

SAN PAIO

O local era un vello alpendre en San Paio, algunha vez toscamente habilitado para taller de reparación de automóbiles, a uns vinte minutos camiñando desde a túa casa.

Xeolocalización

42.208999237846726, -8.765562988651993

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Sinopse

Anxos en tempos de chuvia é a historia dunha rapaza e tres rapaces que morren na madrugada viguesa dun sábado nun accidente de automóbil. Moncho, irmán de Anxos, a rapaza falecida non quere aceptar as explicacións oficiais sobre a causa do accidente. A partir deste momento Moncho actúa coma un investigador, si, coma un detective que anda na procura de pegadas. Pero, en certo modo, coma un detective ó revés, porque o que Moncho busca non son as pegadas dun crime, senón pegadas dunha inocencia. A novela cunha trama artellada moi coidadosamente, aborda dende temas tan actuais como a problemática dos accidentes de tráfico, a droga, o consumo de alcohol, a sida, o rock bravú, a lingua e a identidade galegas…, ata os temas de sempre da mocidade como o amor, a iniciación á sexualidade adulta, a reflexión sobre a relixión e a existencia, e sobre todo, a consideración da morte como unha experiencia vivida.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 05

San Miguel – Bouzas

Liña 09

Navia – Zamáns

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

1997

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

San Paio de Navia

Alameda

Liña 9

Marín – Coia

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar