luz de tebra
Vázquez de la Cruz, ánxel
Editorial Xerais
Localizacións

ILLAS CÍES
Vigo. A ría antes que nada: o seu palpitar escintilante, ou o duro azul dos días calmos; as compasadas e lentas ondas do vento sur ou as brancuras evanescentes do nordés. E, sempre en fronte, o desaforado lombo do Morrazo, rendéndose por fin ao mar en cabo de Home, nunha delgada despedida de piñeiros, xa ao pé das Cíes: as illas de múltiples faces: ás veces naves fantasmais na grande chaira de néboa; pirámides, ás veces, nos desertos vermellos dos demorados solpores do verán; as tres irmás, espidas de si mesmas como as viu Lugrís; as ambiguasCíes, talvez á espera dunha sorte de orde cósmica que as faga acougarse ou zarpar.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

NAVIA
En San Paio de Navia collemos polo labirinto de corredoiras cara a Matamá, sempre vixiantes de que non nos seguían. Xa ao pé do cruceiro da igrexia parroquial, na noite xélida e sen vento, a monxa berrou cara a un alto muro de pedra:
-¡Aurita!
Xeolocalización
42.20726522791645, -8.767600663885377
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

VALADARES
Sen apenas dicir adeus emprendemos a viaxe nocturna, primero en dirección a Valadares e logo, xa algo máis tranquilos, enfiamos as curvas entre as casas ciscadas da subida á Garrida. A furgoneta pareceu participar da aventura e cobrar bríos ao gabear polas costas de San Colmado.
Xeolocalización
42.17547875587865, -8.722586102079712
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns
Sinopse
«Luz de Tebra é unha obra de rescate. Luz de Tebra vainos levando, relato a relato, chanzo a chanzo, do frío á calor, da intemperie a un forno comunal ou a un furancho dos de loureiro á porta. Ten o peculiar roxarse interior da ánima, do que arde sen se ver. Luz de Tebra é un dos libros de contos que enxerta, xa para sempre, na herdanza das nosas mil e unha noites: Retrincos de Castelao, Dos arquivos do trasno de Rafael Dieste, Os biosbardos de Eduardo Blanco Amor, Á lus do candil de Ánxel Fole, Escola de menciñeiros de Álvaro Cunqueiro… Desa estirpe é Luz de Tebra. Cando un le este libro sente o calorífico levedar desa luz da escuridade. E sente a inconfundíbel felicidade clandestina de quen é agasallado co bisbar da boca da mellor literatura.» Manuel Rivas
«Ya quisiera yo ser capaz de escribir palabras así, milagreras como Santiago, y jodonas como el ángel que lo vuela: el ángel ese que acepta ser llamado doctor aunque él cura contando.» Eduardo Galeano.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editoral Xerais
1ª edición
2010
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Navia vello
Alameda
Liña 9
Valadares
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.