O club da calceta

Reimóndez, María

 

Editorial Xerais

Localización

Praza de América, Porta do Atlántico. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

PRAZA DE AMÉRICA

Ás 21.30 horas de onte produciuse un intento de roubo nuns coñecidos almacéns da praza de América. O encargado da tenda, F.M.P., de 35 anos, faleceu cando se dispoñía a pechar a porta posterior do seu establecemento e foi atacado polo asaltante, ao parece de baixa estatura, cun obxecto contundente ata provocarlle a morte.

Xeolocalización

42.220589623218224, -8.732527686734281

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Encoro de Zamáns. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

ZAMÁNS

E logo tería á parte o seu propio coche, claro, para ir e vir da central onde dormen os Vitrasas á súa casa en Zamáns.

Xeolocalización

42.15887781352282, -8.687483691404164

Liña literaria

09 Liña Navia - Zamáns

Sinopse

Seis mulleres moi diferentes entre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. Inspiradas na figura liberadora da tía Davina, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Ferananda van facendo ás lectoras e lectores partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, María Reimóndez dálles voz a estas mulleres que desde as súas diferenzas atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega e as minusvalora. Desde a intriga, cun estilo áxil, que tira do ánimo de quen le de xeito entretido e mesmo producindo hilaridade, a autora do Club da calceta ofrécenos unha novela que, tras a sorpresa que causa, fai emerxer unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 09

Navia – Zamáns

Liña Especial

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2006

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Muíños de Zamáns

Área etnoarqueolóxica

Liña 9

Muíños de Zamáns

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar