o único que queda é o amor

Fernández Paz, agustín

 

Editorial Xerais

Localizacións

Reitorado Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas

REITORADO

Con aire resolto, saíu da cafetaría e entrou no Reitorado. A aquela hora apenas había cola, só catro ou cinco rapazas que non paraban de facerse bromas. Agardou pacientemente a súa quenda e, cando lle tocou a vez, amosoulle a foto á funcionaria que atendía ao público. Explicoulle que agardba a unha amiga súa que tiña que virse matricular, …

Xeolocalización

42.23891965635358, -8.716360359750029

Liña literaria

06 Liña García Barbón - Urzáiz

Rosalía de Castro. Rosalía de Castro

ROSALÍA DE CASTRO

Frustrado por aquel primeiro fracaso, Daniel abandonou o edificio e botou a andar polos soportais da rúa Rosalía de Castro, sen saber ben a onde dirixirse. Todo o entusiasmo que sentira desaparecera de golpe, como se o camiño aberto pola foto rematase nunha parede de formigón.

Xeolocalización

42.23792877657647, -8.71769285526579

Liña literaria

06 Liña García Barbón - Urzáiz

Rúa Velázquez Moreno. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VELÁZQUEZ MORENO

Torceu por Veláquez Moreno e subiu rúa arriba, ata chegar á altura da Casa do Libro. Parou un momento a contemplar as novidades expostas nos escaparates, aínda que case todo eran best sellers que non lle interesaban nada.

Xeolocalización

42.23704184560018, -8.721778273241974

Liña literaria

08 Liña Príncipe - Beiramar

Ría de Vigo. Mapa Literario de Vigo Biblioteca Xosé Neira Vilas.

RÍA DE VIGO

Ás sete, Daniel xa estaba sentado nunha das mesas da terraza do Van Gogh, que a aquela hora aínda non se enchera de xente. O seu amigo non tardou nada en chegar.Os oito pisos de altura desde a esquina de Urzaiz coa Gran Vía seguían convertendo o apartamento nun miradoiro incomparable sobre a ría de Vigo.

Xeolocalización

42.24140308412322, -8.824935816612497

Liña literaria

10 Liña Rande - Illas Cíes

Venezuela. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

VENEZUELA

Vivía na rúa Venezuela, nun edificio que xa había de ter máis de trinta anos. O portal era amplo, coas paredes recubertas con láminas de madeira escura, e estaba decorado con grandes fotos da cidade en branco e negro.

Xeolocalización

42.233068599433054, -8.720632973508438

Liña literaria

07 Liña Venezuela - Camelias

Sinopse

Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián… todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou da ausencia, ou dos amores rotos. O amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Aínda sabendo isto, as persoas sempre buscamos na nosa vida ese sentimento tan necesario como o aire que respiramos, quizais porque intuímos que, como escribe Orhan Pamuk en Neve, «na vida o único que queda é o amor». E sempre, os libros como compañeiros da aventura do amar. Un libro memorable.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 03

Choróns – Praza E. Fadrique

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Liña 07

Venezuela – Camelias

Liña 08

Príncipe – Berbés

Liña 10

Rande – Illas Cíes

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2007

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Reitorado de Vigo

Rúa Areal

Liña 6

Reitorado

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar