os fillos do mar
Feijoo, pedro
Editorial Xerais
Localizacións

AREAL DA FONTAÍÑA - SEREÍÑA
Para entón, o meu volante xa escollera facer o regreso pola estrada das praias, polo Vao, As Barcas, A Sereíña, Samil, tranquilo, devagar.
Xeolocalización
42.20031714150295, -8.786498694532849
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

PASEO DE ALFONSO XII
«A cova», coma eu lle chamaba, era en realidade un pequeno apartamento no número 2 do Paseo de Afonso XII, un vello edificio marcado como espazo protexido polo catálogo de edificios históricos do Concello.
Xeolocalización
42.23661948043979, -8.728256601922231
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

OLIVEIRA - PASEO DE ALFONSO XII
Tiña o espazo xusto para traballar e vivir nel, e o edificio estaba en pleno centro da cidade, xusto a carón da Oliveira -a árbore símbolo da cidade, a mesma que aparece no seu escudo-, a escasos trescentros metros da Porta do Sol, e ao ladiño mesmo do Baiona, …
Xeolocalización
42.23661948043979, -8.728256601922231
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

CEMITERIO DE PEREIRÓ
Así que aló estaba eu, chantado no cemiterio de Pereiró, o vello camposanto da cidade, aos pés do monumento a Concepción Arenal, baixo unha choiva mesta e constante, e sen máis paraugas cás millas guedellas.
Xeolocalización
42.209243202779454, -8.733662801923119
Liña literaria
09 Liña Navia - Zamáns

CASAS DE SANJURJO - PACEWICZ
O número 17 quedaba na marxe esquerda da rúa, pero preferín subir pola beirarrúa dos pares. Eu sabía que ese número estaba ocupado por un dos edificios de Pacewicz.
Xeolocalización
42.23603313983925, -8.720186030914096
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

DON BOSCO
O Derby abrira as súas portas no ano 1921, e as súas paredes escoitaran as discusións sobre arte, literatura, política ou fútbol de homes coma Catelao, Otero Pedrayo, Blanco Amor, Cunqueiro… Estaba nos baixos do Edificio Escalera, ao que toda a xente na cidade chamaba «O Globo» por causa dunha enorme esfera terráquea iluminada que coroaba unha das súas esquinas, a de Príncipe con Ronda de Don Bosco.
Xeolocalización
42.23514314502508, -8.72364699041668
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

CANIDO
Canido é unha pequena baía artificial ao abeiro da ponte que suxeita a Illa de Toralla á praia do Vao, e as poucas gamelas que quedan no porto parecen postas aí polo departamento de Turismo do Concello.
Xeolocalización
42.1947296043048, -8.800060546288881
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas

HOTEL UNIVERSAL
Chegou cargado con apenas catro baúis, unha fortuna inimaxinable, e a decisión firme de non dar un paso atrás. Instalouse no Hotel Universal, xusto a carón do porto, aínda coa intención primeira de pasar unha tempada en Vigo, outra en Barcelona, e logo decidir.
Xeolocalización
42.24025509447961, -8.724651944249858
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

JACINTO BENAVENTE
Na rúa Jacinto Benavente, paralela por tras da avenida de Beiramar, só hai vellísimos almacéns de sabe deus que mercancías, ou as inmensas naves frigoríficas das empresas de conxelados, cos seus barcos amarrados xusto ao outro lado da avenida.
Xeolocalización
42.23093445999349, -8.734267318164436
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

PORTA DO SOL
O plus da cafeína non era necesario, así que decidín seguir o meu camiño até a Porta do Sol.
Xeolocalización
42.23814724281723, -8.725446673241903
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

TEATRO GARCÍA BARBÓN
Pasamos o teatro García Barbón e continuamos até o cruzamento con Velázquez Moreno, onde xiramos á esquerda para baixar cara á Alameda. Até Jackob Neumann Antigüidades.
Xeolocalización
42.23805915663334, -8.723404744263311
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

VELÁZQUEZ MORENO
Unha berlina antiga, un vello Mercedes de cor negra, detense diante do edificio Yáñez, na esquina da rúa Veláquez Moreno coa praza de Compostela, a Alameda.
Xeolocalización
42.23704184560018, -8.721778273241974
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar

ILLA MONTEAGUDO - ILLAS CÍES
As Bocas é como se lles chama aos espazos que hai aos extremos das illas Cíes. Así, a Boca Norte, ou a Porta Grande, como tamén lle chaman aquí os mariñeiros, é o corredor que queda entre a illa de Monteagudo e o cabo Home, no extremo occidental da península do Morrazo, un estreito de fortísimas correntes, só menos perigoso cá Porta Pequena, o paso que hai na Cíes entre a illa do Faro e a illa de San Martiño. A Boca Sur é o espazo comprendido entre a illa de San Martiño e o cabo Silleiro, ao suroeste de Baiona.
Xeolocalización
42.229573512058145, -8.905965354250483
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

ILLA DE SAN MARTIÑO - ILLAS CÍES
Vostedes veñen buscar o ouro afundido. E van ir buscalo ao sur da illa de San Martiño, aos arrecifes, porque aí foi onde o Santo Cristo de Maracaibo bateu cos diques.
Xeolocalización
42.19792908057777, -8.905143219360871
Liña literaria
10 Liña Rande - Illas Cíes

AREAL DE SAMIL
O Jonathan. Karina Fálagan puxéralle ese nome ao seu bar sobre a praia de Samil en lembranza dun noivo mariñeiro que tivera moitos anos atrás, cando o mar aínda era novo.
Xeolocalización
42.209575169315265, -8.776326274561523
Liña literaria
05 Liña San Miguel - Bouzas
Sinopse
Simón Varela é un mediocre arquitecto residente en Vigo. Un día recibe unha chamada dunha señora da alta sociedade viguesa, Isabel Llobet, para que lle faga unha reforma nunha fonte da súa propiedade, nun pazo de Canido. Aos poucos días de comezar a reforma, Simón atopa un cofre pechado. Simultaneamente, a señora, xa maior, morre en estrañas circunstancias. A partir de aquí, o arquitecto vese involucrado nunha intrigante trama na que tamén parece estar envolta a familia da muller morta.Novela de aventuras, novela de intriga, escrita con ton humorístico, a acción de Os fillos do mar condúcenos detalladamente a través do Vigo de hoxe, cidade que en boa medida protagoniza tamén a novela. Ao tempo, a trama cóbrese cun atractivo pano histórico que nos conduce ata 1702, na Batalla de Rande, aínda que deixa tamén os seus elos na Guerra Civil española e nos tempos do nazismo alemán.Os fillos do mar é unha novela trepidante, que viaxa constantemente no tempo para atopar as claves dun presente que o protagonista precisa desvelar.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 02
Casco Vello
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 05
San Miguel – Bouzas
Liña 08
Príncipe – Berbés
Liña 09
Navia – Zamáns
Liña 10
Rande – Illas Cíes
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editorial Xerais
Edición en castelán
Ediciones B
1ª edición
2012
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Illa San Martiño
Illas Cíes
Liña 10
Illas Cíes – San Martiño
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.