morena, perigosa e románica
Feijoo, pedro
Editorial Xerais
Localizacións

TRONCAL
[…] ou o de que o edificio restaurado é en realidade un dos vellos edificios de Fenosa, as famosísimas que a eléctrica construíra por catro cadelas xusto en fronte da vella subestación do Troncal a finais dos anos sesenta, e que, desde aquela, non coñeceu máis restauración que os bares de mala morte que hai nos seus baixos e unha precaria capa de pintura dada a mediados dos anos noventa; […]
Xeolocalización
42.24461758090776, -8.695363481567641
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

MANUEL NÚÑEZ
Cantas e cantas horas alí metidas, observando o tráfico da rúa Manuel Núñez no seu encontro coa de Urzáiz, e sempre sen deixar de comer, unha detrás doutra, as súas viandas máis coñecidas. Si, Deus o bendiga, ese é o Carballo que a esta banda da ría todo o mundo coñece: o famoso bar das empanadillas.
Xeolocalización
42.235171142439626, -8.720603202078085
Liña literaria
03 Liña Choróns - Praza E. Fadrique - Tomás Alonso

PORTA DO SOL
Pasado o monumento que aquí todo o mundo coñece por o Sireno, símbolo perfecto para unha cidade de beleza imperfecta, crucei ao outro lado da Porta do Sol polo seu paso de peóns, ese extraño prodixio da luminotecnia, mestura entre sala de festas e pista de aterraxe para naves espaciais, […]
Xeolocalización
42.23814724281723, -8.725446673241903
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

CASA DA CULTURA
Atravesei a praza para mirar pola cristaleira do bar Cosmos, o verdadeiro centro de reunión e mando das forzas vivas do lugar. En vista de que alí as miñas investigacións foron tamén infrutuosas, e sen máis nada en que despistar a atención, descubrinme a min mesmo sorrindo fronte á Casa da Cultura, sede da Fundación Penzol.
Xeolocalización
42.23857631418683, -8.725856074939
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

JOAQUÍN YÁÑEZ
Nada nos Soportais, nin no Grettel nin no Princesa. Saín da praza xa co ánimo un pouco tocado (todo hai que dicilo), baixando esta vez pola rúa Xoaquín Yáñez. Á altura do bar de Cholo volvín probar sorte.
Xeolocalización
42.239179920950164, -8.725391216781931
Liña literaria
02 Liña Casco Vello

CARRAL
Subimos pola costa de Carral arriba e, ao dobrar á esquerda na Porta do Sol, a rúa Policarpo Sanz foi ascendendo mainamente, un detrás de outro, todos os seus farois para nos dar a benvida.
Xeolocalización
42.23939261311788, -8.724732215569816
Liña literaria
08 Liña Príncipe - Beiramar
Sinopse
Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal… Pero polo visto o asunto non ía por aí. En lugar do desexo ardente de verme en roupa interior, o que aquela muller traía na cabeza eran dúas cousas ben distintas: demasiada colonia barata, e a intención de enlearme no maior roubo do século. O que estou a piques de compartir con vostedes é a historia dun grupo de xente decidida a todo, convencida de que o mellor que poden facer para saír do desastre en que a crise converteu as súas vidas é dar o golpe definitivo, sacar adiante a empresa. Velaquí a disparatada aventura dunha serie de superviventes deste tempo cruel, personaxes sen oficio nin beneficio coñecido, desesperados e, para maior complicación, incapaces de sumar entre todos eles unha única neurona útil… Por certo, díxenlles xa que son vostedes un público marabilloso?
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 02
Casco Vello
Liña 03
Choróns – Praza E. Fadrique
Liña 04
Travesía – Teis
Liña 08
Príncipe – Berbés
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editorial Xerais
Editorial en castelán
Ediciones Versátil
1ª edición
2015
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Carral
Vigo Vertical
Liña 4
troncal
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.