a memoria da choiva
feijoo, pedro
Editorial Xerais
Localizacións

TRAVESÍA DE VIGO
Até onde eu recordaba, a rúa Travesía de Vigo era unha especie de avenida ampla, unha das vellas entradas á cidade vindo desde Redondela, e sen maiores dificultades que os dous sentidos de circulación.
Xeolocalización
42.24109450273918, -8.702800075171124
Liña literaria
04 Liña Travesía - Teis

RÚA ARAGÓN
Hoxe, a confluencia da Travesía coa rúa Aragón é unha rotonda xigantesca na que o señor Pancho Capón vería ipso facto espazo suficiente para a aterraxe dos discos voadores extraterrestres, cun paso subterráneo de catro carrís, o acceso a un xigantesco centro comercial construído sobre os restos dunha estación eléctrica abandonada […]
Xeolocalización
42.24239100166771, -8.698311151393968
Liña literaria
01 Liña Cabral - Lavadores
Sinopse
Cando Xosé Carneiro, coñecido psicanalista e polémico colaborador televisivo, aparece co peito aberto no seu piso da compostelá rúa República do Salvador, son dúas as cousas que chaman a atención do xornalista Aquiles Vega e da profesora Sofía Deneb. A primeira é a brutalidade, a violencia extrema con que o crime foi levado a cabo. A segunda, ese detalle que non encaixa na escena: unha estraña peza de ferro chantada no corazón. En realidade, a de Carneiro non é máis que a primeira dunha cadea de mortes en serie, unha carreira contra o reloxo na que Aquiles terá non só que comprender que é o que está pasando, senón cal é o papel que en toda esta historia xoga un dos nomes máis importantes da nosa literatura, aquel sempre rodeado de misterio e escuridade. E, sobre todo, terá que saber quen é Adriano… Logo do éxito recibido pola súa primeira novela, Os fillos do mar, regresa Pedro Feijoo cunha nova aventura, desta volta chea de versos, de sangue, de amor e de odio, pero mantendo intacta a súa máxima por bandeira: ante todo, o entretemento e o pracer de lectores e lectoras.
Transbordo literario
Conexión con outras liñas
Liña 01
Cabral – Lavadores
Liña 04
Travesía – Teis
Citas literarias
Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.
Editorial
Edición en galego
Editorial Xerais
Editorial en castelán
Ediciones Versátil
1ª edición
2013
BPM Xosé Neira Vilas
Ligazón ao catálogo
Travesía de Vigo
Ventos do mar
José María Barreiro
Liña 4
Travesía de Vigo
Proxecto
Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.