a ira dos mansos

Esteban, Manuel

 

Editorial Xerais

Localizacións

Bodegas Bandeira. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

BODEGAS BANDEIRA

Cando o xuíz de garda fixo acto de presenza no ruinoso soar das antigas Bodegas Bandeira o forense e mais eu levabamos un bo anaco de crequenas sobre o cadáver da moza.

Xeolocalización

42.23249080085443, -8.70296337493916

Liña literaria

01 Liña Cabral – Lavadores

Barrio Churruca, Rogelio Abalde. Mapa Literario de Vigo. Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas. Fotografía: Susigraphics - 100x100experimental.com

CHURRUCA

O primeiro era o primeiro. Cheguei a Churruca en dez minutos. Non había ninguén a quen preguntar, de xeito tiven que dar voltas co coche pola zona para atopar o Mandrake, un garito cutre de moda entre a rapazada.

Xeolocalización

42.23581505299851, -8.717626159594536

Liña literaria

06 Liña García Barbón – Urzáiz

Sinopse

O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo, un proceso que derruba as súas barreiras emocionais. A ira dos mansos é unha magnífica novela policial, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión. Escrita cun estilo directo, rápido, eficaz, sen adobíos, a novela apóiase nun gran sentido do humor, ás veces ácido e cínico, e nunha trama que nos atrapa, e que nos obriga a seguir lendo, colocándonos contra as cordas á hora de percibir o que é e non é pertinente dentro das convencións sociais, e poñendo en valor as persoas que traballan con colectivos con síndrome de down. A ira dos mansos é unha novela negra cunha historia trepidante que trata sobre a inclusión, a dignidade e o respecto.

Transbordo literario

Conexión con outras liñas

Liña 01

Cabral – Lavadores

Liña 06

García Barbón – Urzáiz

Citas literarias

Licenza editorial outorgada por Grupo Anaya, S.A.U.

b

Editorial

Edición en galego

Editoral Xerais

1ª edición

2016

BPM Xosé Neira Vilas

Ligazón ao catálogo

Bodegas Bandeira

Jenaro de la Fuente, Calvario

Liña 1

Bodegas bandeira

g

Proxecto

Pretendemos que sexa un proxecto vivo que vaia medrando cos novos títulos que aparezcan e que teñan como espazo as rúas da nosa cidade; tamén que sexa un traballo colectivo no que quen queira colabore para completalo.

U

Procurar